Esta primeira proba terá lugar o sábado 28 de marzo para a convocatoria de consolidación e o domingo 29 no caso de acceso libre. Consonte ás convocatorias de ámbalas dúas modalidades, os dous primeiros exercicios realizaranse nunha única proba. Xa que logo, as persoas opositoras enfrontaranse tanto ao cuestionario teórico como a proba práctica no mesmo día. O cuestionario teórico constará de 40 preguntas tipo test e o tempo máximo de duración será de 60 minutos. No caso da proba práctica, haberá que contestar por escrito a un cuestionario de 20 preguntas tipo test e o tempo máximo para a súa realización será de 40 minutos.

Recollendo vellas demandas da CIG-Autonómica, establécese unha nota de corte previa en cada un dos exercicios; máis só no caso da convocatoria de consolidación. Para as persoas aspirantes que se presenten por esta vía, a nota de corte marcaraa a persoa que quede clasificada na posición 500 no primeiro exercicio e na posición 250 no segundo. Asemade, recóllese tamén que o contido das preguntas estará equilibrado co número de temas. Porén, o coñecemento da lingua propia de Galicia segue a avaliarse cunha proba diferenciada en lugar de coa realización de todos os exercicios nela. E, de novo, o tribunal segue a elixirse de forma discrecional, en lugar de por sorteo entre persoas cualificadas.

O día 26 de febreiro foi publicado no D.O.G. o nomeamento do tribunal que avaliará os ditos procesos. A súa composición é a seguinte:

TRIBUNAL
TITULAR SUPLENTE
Presidencia Pablo Nimo Ríos Luz Marina Álvarez Moreira
Secretaría Mª Consuelo Quintás Tirado Sonia Gil Alonso
Vogais

Mª Camino Triguero Salas

Sandra López Blanco

Julio Formigo Rodríguez

Cristina Inés Framil Pérez

Rosa Mariño Betanzos

Pablo Cutrin Garabal

 

Recordarlle ás persoas participantes que deben ir provistas de DNI ou documento fidedigno acreditativo da súa identidade, lápis nº2 e goma de borrar. Asemade, non se permitirá o acceso ao recinto onde se realice o exercicio con teléfonos móbiles ou axendas electrónica e tampouco se habilitará servizo de recollida. Moita sorte!