No DOG nª 46 de 6 de marzo, sae publicada a orde  pola que se convocan para elección de destino definitivo os aspirantes que superaron os procesos selectivos para o ingreso, polas quendas de promoción interna e de acceso libre, no corpo auxiliar da Xunta de Galicia.

O acto de elección de destino definitivo terá lugar no salón de actos pequeno da Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza (edificio administrativo San Caetano, s/n, Santiago de Compostela) o día 17 de marzo de 2009 ás 11.00 horas. Os aspirantes convocados poderán elixir entre os postos que se relacionan no anexo desta orde segundo a orde acadada no proceso selectivo, sempre que reúnan as condicións exixidas nel.

Os aspirantes da quenda de promoción interna terán, en todo caso, preferencia sobre os aspirantes provenientes do sistema de acceso libre para cubrir as vacantes correspondentes.

Os aspirantes deberán ir provistos de DNI ou outro documento que acredite fidedignamente a súa personalidade; no caso de non comparecer persoalmente poderán ser representados por terceiras persoas con poder notarial suficiente.