Acceso libre

(ligazón ao DOG):

Primeiro.-Desestimar na súa totalidade as reclamacións e alegacións presentadas.

Segundo.- superaron o primeiro exercicio os aspirantes que obtiveron unha puntuación mínima de dez (10) puntos, fixándose en vinte e cinco (25) o número de respostas correctas para acadar a dita puntuación, unha vez aplicados os descontos.

Terceiro.- A publicación das puntuacións obtidas serán publicadas no auditorio do Recinto da Feira Internacional de Silleda, no taboleiro de anuncios do Servizo de información e atención ao cidadán da Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza e na sede electrónica da Xunta de Galicia (www.xunta.es). 

Promoción interna

(ligazón ao DOG)

Primeiro.- Na quenda de promoción interna e cambio de categoría superaron o primeiro exercicio os que obtiveron unha puntuación mínima de doce puntos e medio (12,5). Para acadar a dita puntuación é necesario ter o 50% de respostas correctas unha vez aplicados os descontos.

Segundo.- A publicación das puntuacións obtidas serán publicadas no auditorio do Recinto da Feira Internacional de Silleda, no taboleiro de anuncios do Servizo de información e atención ao cidadán da Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza e na sede electrónica da Xunta de Galicia (www.xunta.es).

Terceiro.-Os aspirantes poderán presentar as alegacións que consideren oportunas con relación ás puntuacións no prazo de dez (10) días hábiles contados desde o seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.