OPE, procesos selectivos

No DOG do 2 de abril publican a Resolución pola que fan públicos a data, hora e lugar para a realización do primeiro exercicio do proceso selectivo de promoción interna ao corpo administrativo da Administración xeral de Galiza, C1.

O exercicio terá lugar o día 7 de maio de 2019, ás 16:30 en chamamento único, no pavillón nº 1 do recinto da Feira Internacional de Galiza en Silleda.

As persoas aspirantes deberán levar DNI, lápis do número 2 e goma de borrar.

 

 

No DOG do 27/03/2019 publican a resolución pola que se fai pública a data de realización do primeiro exercicio do proceso selectivo pola quenda de acceso libre no corpo auxiliar de Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galiza, subgrupo C2.

O primeiro exercicio será o día 13 de abril, en chamamento único que iniciará ás 16:00 horas, nos pavillóns 1 e 2 do recinto da Feira Internacional de Galiza, en Silleda.

As persoas aspirantes deben levar DNI e lapis do número dous e goma de borrar.

Publicada a data do primeiro exercicio de acceso libre, e ampliación de prazo do segundo exercicio de promoción interna, para o grupo V-001. Tamén publicada a amplliación de prazo para auxiliar de enfermaría.

O DOG do 25/03/2019 publica a Resolución pola que se fai pública a data de realización do primeiro exercicio das oposicións de acceso libre á categoría 001 do grupo V (camareiro/a-limpador/a-Axudante/a de cociña) de persoal laboral fixo da Xunta de Galiza.

O exercicio terá lugar o día 14 de abril, nos pavillóns 1 e 2 do recinto da Feira Internacional de Galiza en Silleda, en chamamento único que comezará ás 16:00 horas.

As persoas aspirantes teñen que levar o DNI e lapis do número dous e goma de borrar.

Ao día seguinte, DOG do 26/03/2019, publican a Orde pola que amplian o prazo para realizar o segundo exercicio do proceso selectivo da categoría V-001 pola quenda de promoción interna e cambio de categoría.

No mesmo DOG do 26/03/2019, publican a orde pola que amplían o prazo para a realización do segundo exercicio do proceso selectivo da categoría V-003 (auxiliar de enfermaría) pola quenda de promoción interna e cambio de categoría.

No DOG do luns 11 de marzo publicaronse as seguintes convocatorias de procesos selectivos:

- ORDE do 5 de marzo de 2019 pola que se convoca proceso selectivo extraordinario de consolidación para o ingreso na categoría 003 do grupo V (ordenanza e outras) de persoal laboral fixo da Xunta de Galicia. Ir ao DOG.

- ORDE do 5 de marzo de 2019 pola que se convoca o proceso selectivo para o ingreso na agrupación profesional de persoal funcionario subalterno da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia. Ir ao DOG.

No DOG do 6 de marzo publícan as listas definitivas de persoas admitidas e excluidas aos seguintes procesos selectivos para o ingreso pola quenda de promoción interna nos corpos xerais:

No DOG do luns 04/03/2019 publican as ordes de convocatoria dos seguintes procesos selectivos:

- Orde pola que se convoca o proceso selectivo para o ingreso na escala de auxiliar do Servizo de Prevención e Defensa Contra Incendios Forestais, subgrupo C2, nas especialidades de emisorista/vixilante fixo/a, bombeiro forestal-condutor motobomba e bombeiro forestal, do corpo de auxiliares de carácter técnico de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia.

- Orde pola que se convoca o proceso selectivo para o ingreso no corpo de xestión da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A2, escala técnica de seguridade e saúde no traballo, especialidades de seguridade no traballo e de hixiene industrial.

- Orde pola que se convoca o proceso selectivo para o ingreso na escala técnica de saúde laboral, subgrupo A2, do corpo facultativo de grao medio da Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia.

- Orde pola que se convoca o proceso selectivo para o ingreso no corpo superior de Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A1, escala superior de seguridade e saúde no traballo, especialidades de seguridade no traballo, de hixiene industrial e de ergonomía e psicosocioloxía aplicada.

- Orde pola que se convoca o proceso selectivo para o ingreso na escala superior de saúde laboral, subgrupo A1, do corpo facultativo superior de administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia.

O prazo para presentar a solicitude é de 20 días hábiles. A forma de acceso é mediante concurso-oposición.

 

Recibimos convocatoria e documentación para unha Mesa Xeral de Negociación que será o venres 1/3/2019, na que se van tratar as convocatorias dos seguintes procesos selectivos:

No DOG do 20/02/2019 publican as resolucións polas que se aproban e fan públicas as listaxes definitivas de persoas admitidas e excluídas nos seguintes procesos selectivos para o ingreso en diferentes corpos xerais, de acceso libre e de promoción interna:

Acceso libre

Promoción interna

Achega Función Pública os borradores a varios procesos selectivos. Se queres podes enviarnos as túas alegacións á seguinte ligazón: contactar coa CIG.

Recibimos o primeiro borrador das bases de convocatorias dos procesos selectivos das escalas superior e técnica de seguridade e saúde no traballo, correspondentes ás OEPs dos anos 2016 e 2017.

Curiosidade: na Comisión de Persoal do 4/8/2017, o director xeral de función pública anunciara que estas convocatorias estarían listas no 2018. Así que xa vamos con algo de retraso sobre o cronograma da propia Administración.

Vamos presentar alegacións escritas, así que se queres aportar algo, contacta coa CIG ata o luns 4.