OPE, procesos selectivos

Como xa comentamos a través dos mailings, despois de advertir erros nas bases dos procesos selectivos convocados e de informar a Función Pública, comentaronnos que farían varias correccións de erros.

Hoxe fan efectiva a corrección relativa aos Anexos I e II coas normas e temas da promoción interna ao corpo superior (subgrupo A1), xa que na convocatoria figuraban os do A2.

CORRECCIÓN DE ERROS. Orde do 1 de marzo de 2018 pola que se convoca o proceso selectivo para o ingreso, pola quenda de promoción interna, no corpo superior da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A1.

Esperemos que nos próximos días publiquen no DOG as seguintes correccións:

  • Eliminación dun tema duplicado do corpo auxiliar (subgrupo C2) de promoción interna (Normativa discapacidade).
  • Corrección das titulacións nos corpos auxiliar (subgrupo C2) e administrativo (subgrupo C1) de libre e Promoción nterna: engadernse as equivalencias reguladas por unha Orde da Consellería de Educación, segundo o falado na Comisión de Persoal.

A Xunta de Galiza ven de modificar a composición do tribunal das oposición de veterinarias/os mediante unha orde no publicada no DOG do venres 9 de marzo.

A Xunta non recoñece que se equivoca nin cando lle plantexamos recursos ás súas chapuzas. Así podemos ver o cinismo que destila o executivo de Feijoo que fala de 'Por circunstancias sobrevidas modifícase a composición do dito tribunal cualificador' (sic).

O que oculta o Partido Popular é que esas 'circunstancias sobrevidas' non eran outras que a ilegalidade na composición do tribunal ao ter máis da metade dos seus membros pertencentes ao mesmo corpo ao que xulgan as probas, cousa que 'soamente' vulneraba cinco normas e algunha que outra xurisprudencia.

Tal cúmulo de irregularidades fixo que a CIG interpuxera un recurso de reposición o pasado 23 de febreiro e, casualidades da vida, cando se ía acabar o prazo de interposición de recurso, muda o tribunal e aduce esas 'circunstancias sobrevidas'.

Todo este proceso está a crear grande malestar entre o colectivo e opositores que miran con recelo o proceso selectivo polo que dende a CIG esiximos coñecer o estado e avances do tribunal (constituído o pasado 23 de febreiro) e que se fagan públicas as actas do mesmo xa que podería acontecer que se acometera xa a elaboración de preguntas do exame e estas estarían en coñecemento de persoas que non son membros do tribunal polo que terían que ser desbotadas por ser coñecidas por persoas que xa non están nel.

Do mesmo xeito esiximos tamén que Función Pública aclare se os cambios no tribunal van afectar á data prevista do proceso selectivo fixada para o día 22 de abril de 2018.

 

 

 

 

No DOG do mércores 7 de marzo de 2018, convocan 10 procesos selectivos, todos de acceso libre:

Na Comisión de Persoal do mércores 28 aprobáronse as ordes de convocatoria de varios procesos selectivos, tanto para acceso libre como para promoción interna. A publicación no DOG sería antes de mediados de marzo, data límite para que non caduque algún dos procesos por tratarse de Ofertas de Emprego Pública (OEP) de fai varios anos.

Facendo un resumo moi por riba, a CIG defendeu: fuxir das probas subxectivas (como desenvolvemento escrito de temas, lectura e exames orais) ou alternativamente puntuar con maior peso as probas obxectivas; concurso-oposición; substituír temas por normas legais; procesos áxiles; promoción interna vertical, horizontal e cruzada, do 50% e separada do acceso libre; etc. Se queres información polo miudo contacta coa CIG por internet ou en persoa na túa comarca.

O voto da CIG na Comisión de Persoal foi en contra de todos os procesos de libre e daqueles con exames de temas en promoción interna, e a favor dos de promoción interna con probas obxectivas. UGT votou en contra de todos e o CSIF a favor de todos; o voto de CCOO variou.

A CIG ven de recorrer a orde da Consellaría de Facenda mediante a que se designou o tribunal que vai xulgar o proceso selectivo de acceso ao Corpo facultativo superior do subgrupo A1, escala de veterinarios.

Das cinco persoas nomeadas como membros dese tribunal, tres delas (o presidente e dous vogais) son veterinarios. As outras dúas (a secretaria e unha vogal) son funcionarias do corpo superior da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galiza.

Isto vulnera gravemente o Decreto 364/1995 que regula o ingrso de persoal e a provisión de postos de traballo. Do mesmo xeito tamén se ven vulneradas as instrucións relativas ao funcionamento e actuación dos tribunais de selección que din, expresamente que ‘Os tribunais que xulguen as probas selectivas relativas a persoal funcionario non poderán estar compostos maioritariamente por funcionarios/as dos corpos ou escalas de que se trate. Así mesmo, ningún membro terá titulación inferior á esixida para ser admitido/a ás probas’.

A esixencia de que os tribunais non estean compostos maioritariamente por persoal funcionario do corpo ou escala de que se trate o proceso selectivo é un elemento que a propia Xunta de Galiza asume como concreción dos principios de imparcialidade e profesionalidade , estabelecido tanto la Lei de emprego público de Galiza como no EBEP e constitúe unha garantía de transparencia para os aspirantes.

Dende a CIG presentamos este recurso para dar cumprimento da lexislación vixente e para garantir a confianza dos aspirantes ao proceso selectivo e para garantir a transparencia, igualdade, imparcialiade e profesionalidade do tribunal.

A CIG-Autonómica esixe a Función Pública que deixe de lado as chapuzas ás que nos ten habituados e proceda a corrixir este grave erro que podería ter consecuencias grandísimas para todas as persoas aspirantes xa que podería provocar a anulación do proceso selectivo e que o faga o máis axiña posíbel para que sexa posíbel manter as datas de exame anunciadas pola propia administración.

O venres 16 recibimos convocatoria e documentación para unha Mesa Xeral de Negociación de Empregados Públicos, que vai ser o mércores 21/02/2018. Poñemos a túa disposición os novos borradores de diversos procesos selectivos. Para que queden definitivamente aprobados faltaría que o enviasen á Comisión de Persoal.

Tamén vai á Mesa Xeral unha proposta de modificación da RPT do AGADIC.

Segundo a información que envían dende algún dos sindicatos asinantes do Acordo de Estabilización, estes tiveron unha xuntanza con Función Pública, da que só CSIF da información, e na que se comezou a determinar que postos de traballo entran dentro dos requisitos do Acordo de Estabilización.

Dende a CIG denunciamos este tipo de reunións “segredas” e xa puxemos en mans da nosa Asesoría Xurídica esta cuestión.

Se asine ou non un acordo, o sindicato maioritario no ámbito da Función Pública galega ten que estar presente para que estas non sexan reunións ocultas e para que non se vulnere o establecido no Título III do EBEP, e VII da LEPG, así como o V Convenio Colectivo e toda a normativa laboral.

Con meses de retraso (pois estaba previsto que a negociación e convocatoria sería entre outubro e decembro do 2017), achéganos a Dirección Xeral de Función Pública os borradores dos procesos selectivos para o ingreso nos corpos:

  • Facultativo superior de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galiza, subgrupo A1, escala de enxeñeiros, especialidade de enxeñaría de montes. Descargar.
  • Facultativo de grao medio de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galiza, subgrupo A2, escala de enxeñeiros técnicos, especialidade de enxeñaría técnica forestal. Descargar.

Os dous procesos corresponden á Oferta de Emprego Público do 2016, con 8 prazas en cada un deles, distribuidas en 2 para promoción interna e 6 para acceso libre, das que unha delas é para persoal con minusvalía.

Temos ata o día 20 de febreiro para entregar alegacións escritas, polo que se tes algo que dicir achéganolo antes desa data. Contactar coa CIG.