OPE, procesos selectivos

O prazo para presentar solicitudes é de 20 días hábiles e remata o 26 de febreiro.

No BOE do 29/01/2018 publícanse varias convocatorias de emprego público da Administración Xeral do Estado (AXE). No caso da convocatoria para diversos corpos xerais e de informática o número de prazas ascende a un total de 4.725 prazas; destas 2.180 son para acceso libre e o 2.545 para promoción interna.

Estas convocatorias derivan da OPE 2017 publicada no BOE do 08/07/2017 e a súa realización encárgase á Comisión Permanente de Selección. Dúas diferenzas vemos coa Xunta: a execución en tempo dos procesos e a existencia dunha comisión permanente de selección que axiliza estes.

 

E CSIF, CCOO e UGT mirando para outro lado

Despois de asinar estes sindicatos un Acordo de Estabilidade, que non de mellora do Emprego Público, a Xunta saca unha microoferta de emprego, onde non hai nin estabilización nin practicamente promoción interna.

Esta OEP é produto deste Acordo de Estabilidade que asinaron CCOO, UGT e CSIF, aínda que pretendan agora desvincularse, votando en contra desta OEP na Comisión de Persoal, xa que o acordo abrangue as ofertas de emprego ordinarias e extraordinarias, tanto de estabilización como de promoción interna no período 2017-2020.

Aínda é máis grave o asunto porque a Administración ten paralizadas as Ofertas de Emprego dos anos 2015 e 2016, as dúas practicamente sen executar, polo que a do 2017 é un fascículo máis das OEP's coleccionabeis.

O pasado 4 de agosto foron aprobadas na Comisión de Persoal as bases das convocatorias dos procesos selectivos de persoal laboral por promoción interna e cambio de categoría derivados da Oferta de Emprego do ano 2016.

Os procesos selectivos aprobados foron:

  • Para o grupo IV: Auxiliar de enfermaría (IV-003) e Bombeiro/a forestal condutor/a de motobomba (IV-003). As bases destes procesos contaron co voto favorable da CIG.
  • Para o grupo V: Camareiro/a-limpador, Axudante/a cociña (V-001), Bombeiro/a forestal (V-14), Bombeiro/a forestal condutor (V-14A), Vixiante fixo/a de defensa contra incendios forestais (V-10B) e Emisorista de defensa contra incendios forestais (V-10C). Para estes procesos a CIG votou en contra.

A promoción interna ven condicionada pola Oferta de Emprego do 2016 que chegamos a recorrer xudicialmente polo pacto ao que chegaron a Administración e os sindicatos CCOO, CSIF e UGT.

Achéganos Función Pública o listado de prazas a ofertar en destino definitivo aos funcionarios e funcionarias de promoción interna ao corpo superior de corpos xerais, A1.

Segundo nos comunican, os criterios seguidos para a selección das prazas foron os mesmos que os utilizados para os grupos A2, C1 e C2 de promoción interna e que a CIG criticou: 

Función Pública subtrae postos do futuro concurso xeral e da elección de destino

Comunícanos a Administración que o vindeiro día 5 de xullo de 2017 se realizará a elección de destino definitivo por parte das persoas aspirantes que superaron os procesos selectivos de promoción interna dos corpos xerais, subgrupos A2, C1 e C2 correspondentes á OEP de 2012.

O acto de elección de destino se celebrará no salón de actos número 1 (grande) no Edificio dos Servizos Centrais en San Caetano ás seguintes horas:

  • CORPO DE XESTIÓN (subgrupo A2): 10:00 horas.
  • CORPO ADMINISTRATIVO (subgrupo C1): 11:00 horas.
  • CORPO AUXILIAR (subgrupo C2): 12:00 horas.

Ofertarán prazas que non pasaron polo concurso en localidades con alta demanda de postos (como Vigo ou Ourense). E retirarán da oferta prazas que resultaron vacantes do concurso por estar ocupadas por persoal temporal ou en comisión de servizos.

Os procesos selectivos de corpos xerais de promoción interna (correspondentes á Oferta do ano 2012) e acceso libre POR FIN ESTÁN A PIQUES DE REMATAR. A elección de destino está prevista para a primeira semana de xullo aos de promoción interna de A2, C1 e C2; entre a terceira semana de xullo e a primeira de agosto os de libre (con C2 pendente dun informe xurídico); os de promoción interna de A1 poderían ir no medio.

Mentres chega o día, a Dirección Xeral de Función Pública enviounos a súa proposta de criterios de selección das prazas a ofertar atendendo as peticións dos outros sindicatos. A CIG non está conforme:

  • Retiran da oferta aquelas prazas vacantes tras o concurso que estean ocupadas por persoal temporal ou en comisión de servizo. 
  • Como non lles chegan as prazas, botan man de prazas de servizos centrais que non pasaron polo concurso.
  • Engaden prazas doutras localidades e que tampouco pasaron polo concurso e das que aseguran son de difícil cobertura.

Para o Ministerio de Hacienda só hai un 4% de temporalidade no persoal do ámbito da Función Pública galega mentres que as estatísticas da Xunta mostran que hai un 24,50%.

Nos documentos anexos que nos presentaron na Mesa Xeral das AAPP en Madrid para que asinásemos o Acordo para a mellora do emprego público, consta para o Ministerio de Hacienda e Función Pública que a porcentaxe de interinidade na Administración da Xunta de Galiza (funcionarios e laborais das consellarías e Organismos Autónomos, excluído persoal docente e estatutario do SERGAS) é do 4%. Esto é, que sobre un total de 15.944 efectivos hai falsamente 633 persoas con vínculo interino ou temporal.

Se o obxectivo é reducir a temporalidade na Administración ata o 8%, a Administración galega segundo o texto e as táboas do acordo non tería nada que reducir.

Pero os datos de temporalidade son outros, e tendo como fonte a estatística da Xunta de Galiza do 1º semestre do 2016 os datos son os seguintes:

Proposta de programa enviada por Función Pública o 29/03/2017, que rexerá no proceso selectivo para o ingreso no corpo facultativo superior de administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galiza, subgrupo A1, escala de profesores numerarios de institutos politécnicos marítimo-pesqueiros correspodente a Oferta de emprego público do ano 2015, nas especialidades de:

- Lexislación marítima
- Procesos de cultivo acuícola
- Navegación marítima
- Pesca marítima
- Inglés marítimo
- Intervención subacuática e hiperbárica
- Máquinas e instalacións mariñas

Podes enviarnos calquer cuestión sobre o programa: contactar coa CIG.

O tribunal de selección do corpo administrativo-C1-promoción interna, da Oferta de Emprego do 2012 publicou o pasado venres 10 de marzo a Resolución pola que fan pública a puntuación provisional da baremación da fase de concurso. Na puntuación recoñecida para a base II.3.1.1.b), “Grao persoal consolidado e formalizado” podemos observar como hai 10 persoas con puntuación “0”, cando as bases comezan puntuando con 3 puntos o grao mínimo do grupo C2. O motivo dos “0” puntos é que para ter o grao “formalizado” o funcionario ou funcionaria ten que facer unha solicitude expresa a Función Pública e que esta recoñeza por escrito o grao que de feito o funcionario xa ten “consolidado” e polo que xa está a recibir as retribucións, estando os datos en poder da propia Función Pública.

Este é un problema que aparece no proceso de promoción interna a C1, pero que se repetirá nos demais procesos, con consecuencias desastrosas para xente que vai quedar fora en beneficio doutras que entrarán.

Certo que todos e todas participan no proceso baixo as mesmas bases, que o que é un requisito para uns tamén é para outros, e que se obteñen praza uns deixan de obtela outros. Pero en todo caso comprendemos ás persoas que xa contaban con obter praza por sacar unha boa puntuación na fase de oposición e agora van quedar fora ou retroceder postos na orde de prelación ao perder tres puntos na fase de concurso.