OPE, procesos selectivos

No DOG nª 46 de 6 de marzo, sae publicada a orde  pola que se convocan para elección de destino definitivo os aspirantes que superaron os procesos selectivos para o ingreso, polas quendas de promoción interna e de acceso libre, no corpo auxiliar da Xunta de Galicia.

O acto de elección de destino definitivo terá lugar no salón de actos pequeno da Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza (edificio administrativo San Caetano, s/n, Santiago de Compostela) o día 17 de marzo de 2009 ás 11.00 horas. Os aspirantes convocados poderán elixir entre os postos que se relacionan no anexo desta orde segundo a orde acadada no proceso selectivo, sempre que reúnan as condicións exixidas nel.

Os aspirantes da quenda de promoción interna terán, en todo caso, preferencia sobre os aspirantes provenientes do sistema de acceso libre para cubrir as vacantes correspondentes.

Os aspirantes deberán ir provistos de DNI ou outro documento que acredite fidedignamente a súa personalidade; no caso de non comparecer persoalmente poderán ser representados por terceiras persoas con poder notarial suficiente.

Listado de postos vacantes que finalmente se van incluir na orde de oferta de destino definitivo aos/ás aprobados dos procesos selectivos do grupo C2-2007, unha vez examinadas as alegacións presentadas e actualizadas as ocupacións dos postos e as propostas de amortización en trámite, segundo nos comunica a Dirección Xeral da Función Pública.

2009/03/03. Proceso selectivo D-2007. Borrador prazas ofertadas

Os días 28 e 29 de marzo ás 10.30h máis de 3000 persoas están chamadas ao recinto feiral de Silleda para conseguir unha das 136 de prazas de persoal funcionario do corpo subalterno da Xunta de Galicia ofertadas o ano pasado. Hoxe, 9 de marzo,  publicáronse no DOG as resolucións  que deron a coñecer as datas, a hora e o lugar de realización do primeiro e segundo exercicio da fase de oposición. Estas datas xa foran feitas públicas de forma provisoria o día 26 de febreiro a través da páxina web da Dirección Xeral de Función Pública.

A promoción interna de corpos xerais (OPE-2008) xa pasou, non sen tempo, pola Comisión de Persoal (10/2/09), polo que nuns días será publicada no DOG.

Moito mudaron as cousas dende o primeiro borrador (10/12/08) ate o derradeiro tras varias xuntanzas, alegacións e discusións. Finalmente temos uns textos que, sen enchernos de ledicia, supoñen un importante paso adiante no modelo de promoción.

Hoxe colgaron na páxina da Xunta, no seu apartado de "empregarse" (debera ser "empregarse en facelo mal") en últimas novas un asunto que dí tal que así:

  • 05/12/2009: CORPOS XERAIS:PREVISIÓN DE DATAS DOS 1º EXERCICIOS
  • Os primeiros exercicios dos procesos para o ingreso nos subgrupos A1,A2,C1,C2 e na AP de persoal subalterno realizaranse entre o 25/03/09 e o 31/05/09.

Ahí queda íso, xa ate oficializan os rumores de CEFIASA e compañía...