OPE, procesos selectivos

No DOG do 16/02/2016 publicáronse as listas definitivas de persoas admitidas e excluídas nos procesos selectivos de promoción interna de corpos xerais convocados no DOG do 18/06/2015.

Pasaron así sete meses dende a convocatoria que recolle prazas acumuladas de diferentes ofertas de emprego público (2009, 2011 e 2012).

Respecto dos tamarios, na Mesa Xeral do xoves 11 a CIG queixouse polos prazos. A resposta do Director Xeral de Función Pública foi que están pendentes de adaptación aos cambios lexislativos 22 temas e posto que a EGAP non o da resolto, acordaron que será a propia Función Pública quen se responsabilice de coordinalo. A maioría estarán publicados en febreiro, e todos en marzo.

Na data do día 11 de Febreiro ás 18:00 horas celebrouse unha xuntanza coa Conselleira de Medio Rural, María Angeles Vázquez Mejuto e asesores cos representantes das seguintes organizacións sindicais:CIG, CCOO, UGT e CSIF.

RELATORIO DE FEITOS:

Comezou falando a Conselleira sobre o posicionamento da propia conselleira ante o cambio da denominación da categoría a Bombeiro Forestal. Indica que tras recibir múltiples informes entende  razoábel e lóxico a petición de cambio de denominación de categoría a Bombeiro Forestal e que por parte da  consellería fará o informe favorábel necesario para a súa consecución, aínda que fai constar que a petición debe ser dirixida polos sindicatos a Función Pública.

O luns 8 de febreiro tivemos unha xuntanza co director xeral de función pública para tratar diversos asuntos. Referente á OEP-2016 subliñamos:

Criticamos que na xuntanza da semana pasada (mércores 3) nos negase a información cando ao día seguinte (xoves 4) xa estaban a soltalo na prensa. Di o DXFP que convocan o máximo que lles permite a lei de orzamentos do estado. Xa que logo, non van cubrir as necesidades mínimas (algúns colectivos, como incendios, teñen unha porcentaxe do 42% de temporais).

Despois de anos de destrución de emprego público e a substitución por empresas privadas nas que prima a procura de beneficio económico, a CIG demanda unha oferta coa totalidade das vacantes. Queremos promoción interna tamén para persoal laboral, e que estes procesos sexan separados dos procesos libres (temarios, probas e notas de corte diferenciados). Criticamos que concentren todas as prazas de discapacidade intelectual nun único colectivo.

Estes son os datos que nos facilitan:

Acabamos de coñecer, pola prensa, a OEP (Oferta de Emprego Público) para o ano 2016. O Partido Popular, fiel aos seus principios de utilizar as institucións en beneficio propio, volve a utilizar a Xunta de Galiza para os seus fins electorais.

A promesa electoral consta de 448 prazas para a súa OEP e faina, alí onde da réditos electorais: na prensa. Esa prensa hipersubencionada para vendernos como marabillosa a desastrosa xestión do executivo de Feijoo, esa prensa que utiliza os cartos públicos para impoñer unha visión neoliberalista dun mundo onde non se subsidien os servizos públicos, sanitarios ou sociais pero si os medios de comunicación, a banca ou a igrexa.

Esta Oferta de Emprego supón unha nova labazada para os empregados públicos que viron que durante os gobernos do Partido Popular se dilapidaban miles de postos de traballo na Administración.
Agora, en vésperas electorais, queren lavar a cara de cara a opinión pública. Pero as empregadas e empregados públicos sabemos ben que se se lle presentou a prensa antes que ás traballadoras e traballadores da Xunta é precisamente para obviar a opinión subxectiva e de servizo público que saben que lle iamos dar as empregadas/os da Xunta de Galiza.

Estes son os datos que mandaron publicar á prensa antes que ao DOG e antes da negociación coas organizacións sindicais:

Os sindicatos CIG, CCOO, UGT e CSIF diriximos escrito á EGAP o xoves 28 de xaneiro para que rematen e poñan a disposición de inmediato os temarios actualizados para os procesos selectivos de corpos xerais.

As estimacións de Función Pública para a realización dos primeiros exames correspondentes aos procesos selectivos pendentes de corpos xerais, tanto de acceso libre como de promoción interna, sitúase entre os meses de maio e xullo.

Do compromiso adquirido pola EGAP para a elaboración dos temarios que rexerán os distintos procesos, as organizacións sindicais entendemos que tanto a elaboración dos temarios como a actualización dos xa elaborados son de vital importancia para o conxunto de persoas interesadas en participar en ditos procesos selectivos.

Tendo en conta que estamos a tres meses do posíbel inicio dos primeiros exames, demandamos que por parte da EGAP rematen inmediatamente os traballos de elaboración e actualización dos temarios e se poñan a dispor do persoal interesado.

No DOG do luns 18/01/2016 publicouse a Resolución da Dirección Xeral da Función Pública pola que se aproban e se fan públicas as listaxes provisionais de admitidos/as e excluidos/as aos procesos selectivos para o ingreso nos corpos superior (A1), de xestión (A2), administrativo (C1) e auxiliar (C2) de corpos xerais.

As persoas excluidas así como aquelas que non figuren en ningunha listaxe, poderás emendar no prazo de dez días hábiles a partir do martes 19.

No DOG do 18/11/2015, publícanse as modificacións das ordes das convocatorias de procesos selectivos de promoción interna e acceso libre dos corpos xerais.

Basicamente se recollen os cambios derivados da publicación das novas leis:

  • Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións pública.
  • Lei 40/2015, do 1 de outubro, de réxime xurídico do sector público.
  • Real decreto lexislativo 5/2015, do 30 de outubro, polo que se aproba o texto refundido da Lei do Estatuto básico do empregado público.

Publicadas no DOG do 28/10/2015 as resolucións polas que se aproban as listaxes provisionais de admitidos/as e excluidos/as nos procesos selectivos para o ingreso, pola quenda de promoción interna, nos corpos superior, de xestión, administrativo e auxiliar da Xunta.

As listaxes de admitidos/as pódense consultar no web de Función Pública.

As persoas excluídas aparecen na respectiva resolución do DOG. Disporán dun prazo de dez días hábiles, contados a partir do día 29/10/2015, para reclamar ou emendar a exclusión.

En canto aos prazos previstos, o día 2 de outubro fomos informados de que as presentes listas sairían en dúas semanas (e tardaron case catro), e as datas de exame serían entre marzo e abril de 2016.

O BOE do 2 de outubro publica a Lei 39/2015 do Procedemento Administrativo Común e a Lei 40/2015 de Réxime Xurídico do Sector Público. Consecuencia desto recibimos varias consultas sobre os programas que rexerán nas probas selectivas, neste caso respecto da Lei 30/1992 de Réxime Xurídico das Administracións Públicas e do Procedemento Administrativo Común.

Nas bases dos procesos selectivos dos últimos anos establecese o seguinte: "En todos os exercicios da fase de oposición teranse en conta as normas de dereito positivo relacionadas co contido do programa que no momento de publicación no DOG do nomeamento do tribunal do proceso conten con publicación oficial no boletín ou diario correspondente, aínda que a súa entrada en vigor estea diferida a un momento posterior".

Xa que logo, aqueles procesos que conten con tribunal nomeado, rexerá o programa publicado coa convocatoria. Para os procesos selectivos que aínda non teñen tribunal nomeado, as referencias á Lei 30/1992 quedarían substituidas polas novas normas publicadas o 2 de outubro.

Neste caso semella existir algunha dificultade na interpretación, pois as novas normas afectan a outras que non figuran incluidas nos programas actuais dalgún proceso selectivo. Entendemos que aquelas partes das novas normas que non constan no programa vixente, non serán materia de exame. En todo caso, de existir algunha circunstancia que dificultase a interpretación, teríamos que agardar á constitución do tribunal para que resolvan. 

Achéganos Función Pública un borrador coas prazas que ofertarán para a elección de destino definitivo dos/das aspirantes que superaron o proceso selectivo para o ingreso no corpo facultativo superior da Xunta de Galicia, subgrupo A1, escala de enxeñeiros/as industriais, convocado pola Orde do 20 de xuño de 2013

Descargar borrador.