OPE, procesos selectivos

A Xunta pretende blindar os postos máis altos de persoal funcionario con xente de confianza ante un hipotético cambio de goberno. Tras a denuncia destas manobras por parte dos sindicatos, o Director Xeral de Función Pública ameazounos co exercicio de accións penais

As organizacións sindicais con representación na Administración Autonómica (CIG, CCOO, UGT e CSIF), alertamos das manobras que está a desenvolver a Xunta de Galicia nos procesos de Promoción Interna, para intentar blindar os postos máis altos do persoal funcionario, con xente da súa confianza, ante un hipotético cambio de Goberno.

Parece que detrás destas manobras da Xunta, está a Asociación de Funcionarios do Corpo Superior (AGRUPA), un “lobby” que naceu para defender os intereses dos seus membros e que conta cunha importante capacidade de influencia sobre Función Pública. Pero, lonxe de dedicarse só á defensa dos temas que lle competen como asociación, intenta suplantar, mediante contactos ou alegacións non oficiais, a representación lexítima dos sindicatos, condicionando un novo modelo de Promoción Interna en prexuízo dos dereitos á carreira administrativa dos funcionarios.

Esta actuación é especialmente grave, xa que, temos sospeitas fundadas de que integran este colectivo xefes de servizo e subdirectores da Dirección Xeral de Función Pública con capacidade de decisión en materia de provisión, selección de postos de traballo, o que compromete a imparcialidade e a independencia de actuación que debe caracterizar aos funcionarios públicos, así como a boa fe negocial. Función Pública pode estar incorrendo deste xeito nunha ilegalidade ao manter negociacións cunha asociación profesional e non coa lexítima representación dos traballadores da Xunta de Galicia (vulneración do dereito a negociación colectiva).

1. Existe unha asociación, a Asociación de Funcionarios do Corpo Superior (AgrupA), cuxo fin é a defensa dos intereses corporativos das persoas asociadas, cunha importante capacidade de influencia sobre función pública que estaría condicionando os procesos de promoción interna e outros que afectan a todo o persoal funcionario.

2. É un feito obxectivo tamén, porque está publicado no blog desta asociación, que esta ten presentado alegacións ao proceso de promoción interna e de acceso libre. Non publican o contido destas alegacións e descoñécese cales foron asumidas por Función Pública ao respecto ou en que medida están freando a asunción das demandas sindicais e da xente.

3. Existe a sospeita fundada de que cargos directivos de función pública, son membros desta asociación. Isto implicaría que:

- Sen prexuízo do dereito á libre asociación estaríase incumprindo de forma escandalosa a obriga do persoal directivo de función pública de ser imparcial nos asuntos que trata, pois actuaría condicionado polas demandas dos intereses da asociación á que pertencen e que non son precisamente a defensa de todo o persoal por igual.

Despois de que a Administración retirase as bases de promoción interna de corpos xerais (A1/A2/C1/C2) da votación na Comisión de Persoal do 5/6/2015, entregáronos uns novos textos, de data 9/6/2015. Temos de prazo ata o venres 12 para presentar novas alegacións.

A primeira vista (pendente de estudalo a fondo):

  • Quitan dun lado e meten no outro.
  • Pasar a data de "antes do 2 de novembro" a "antes do 2 de xaneiro" é dilatar máis o parto da burra.
  • No C2 non cambian nada.
  • No A1 cambian o primeiro exame e en vez de ser tipo test sobre leis e tipo test sobre temas.
  • O segundo en vez dun suposto práctico sobre temas e sobre leis.
  • E segue existindo un terceiro de desenvolver temas.

Descargar novos textos.

O luns 8 de xuño mantivemos unha reunión coa Administración sobre as bases das convocatorias de acceso libre de corpos xerais (A1 e A2 da OEP 2013, e C1 e C2 da OEP 2015). O martes 9 de xuño tivemos a Mesa Xeral de Negociación sobre este asunto. A Administración apenas moveu ficha e case non aceptan ningunha das nosas alegacións.

A quenda de promoción interna (subgrupos A1 e A2) desaparece de facto ao ser similar á de libre, e ademais as prazas que non se cubran, que supoñemos que serán todas, se acumularán as de libre. Tampouco deixan participar ao persoal das escalas. Non admiten reducción do temario nin de probas, nin que estas sexan obxectivas. Contámosche brevemente o que admiten e non admiten das nosas alegacións.

Non admiten:

O martes 9 estamos convocados a unha Mesa Xeral de Negociación de Empregados Públicos, na que se vai tratar as bases dos procesos selectivos de funcionarios/as de corpos xerais, acceso libre, A1 e A2 da OEP 2013, e C1 e C2 da OEP 2015.

Descargar.

O día 21 de maio as catro organizacións sindicais CIG, CCOO, UGT e CSIF, presentes na Mesa Xeral de Empregados Públicos e na Mesa Sectorial de Funcionarios/as da Xunta de Galicia manifestaron publicamente o seu rexeitamento ao novo modelo de promoción interna proposto pola Dirección Xeral de Función Pública, remitiron un escrito á Consellería de Facenda solicitando unha volta ao modelo utilizado nas últimas convocatorias e propuxeron a apertura dun proceso de negociación dun sistema de promoción interna real.

Así mesmo, as Xuntas de Persoal dos servizos periféricos e centrais da Xunta de Galicia, enviaron comunicados de apoio, expresando o seu rexeitamento co documento proposto pola Administración e requirindo a súa reformulación. 

O día 4 de xuño, despois da celebración do Consello da Xunta, os representantes das organizacións sindicais CIG, CCOO, UGT e CSIF, interpelaron ao Presidente a Xunta de Galicia para que atendera as propostas sindicais de negociar unha promoción interna real, partindo do modelo do ano 2008.

As Organizacións Sindicais CIG, CCOO, UGT e CSIF, presentes na Mesa Xeral de Empregados Públicos e na Mesa Sectorial de Funcionarios/as da Xunta de Galiza,

MANIFESTAN que,
Despois de cinco anos sen promoción interna do persoal funcionario da Xunta de Galiza, a Administración pretende convocar os procesos de promoción interna sen negociación previa.

Achegan uns borradores de convocatorias que se asimilan ás probas de acceso libre, cun número de prazas moi reducido.

Despois de cinco anos sen procesos de promoción interna, sumado isto a todos os recortes laborais e retributivos realizados polos gobernos galego e español, a carreira profesional e a promoción profesional dos empregados/as públicos/as vese gravemente danada.

A proposta deste goberno dun novo modelo de promoción interna, atenta gravemente contra o dereito dos empregados/as públicos/as á promoción profesional.

Ante a parálise nestes procesos e o enrocamento da Administración ao non querer admitir case nengunha das alegacións presentadas polas organizacións sindicais, o xoves 21 de maio, as organizacións sindicais presentes na Mesa Xeral de Empregados/as Públicos/as e na Mesa Sectorial de Funcionarios/as (CIG, CCOO, UGT e CSIF), presentamos un escrito por rexistro dirixido ao Conselleiro de Facenda e ao Presidente da Xunta para adopten medidas ao respecto.

No escrito salientamos que despois de cinco anos sen procesos de promoción interna, sumado isto a todos os recortes laborais e retributivos realizados polos gobernos galego e español, a carreira profesional e a promoción profesional dos empregados/as públicos/as vese gravemente danada.

Aprobadas na Comisión de Persoal do 18/05/2015 as bases dos procesos selectivos da Escala Superior de Finanzas (A1), correspondente á OEP do 2012, e da Escala Técnica de Finanzas (A2), correspondente á OEP do 2013.

O afán negociador das persoas responsábeis da Administración demóstranolo que convocaron a Mesa Xeral de Negociación de Empregados Públicos, e a Comisión de Persoal, cun intervalo de media hora para tratar por dúas veces os mesmos documentos, sen cambios, sen mediar tempo para reconsiderar as alegacións.

A CIG alegou que as convocatorias dos proceso selectivos de Finanzas contemplasen un aumento do 50% das prazas de promoción interna, que se establecese unha nota de corte na convocatoria, para que non ocorra como en convocatorias anteriores onde deixaron desertas prazas, que a convocatoria contemple o sistema de concurso-oposición para as prazas de libre, que a EGAP elabore a totalidade do temario, que polo menos unha das probas se realice integramente en galego, que non se nomeen tribunais politizados, que se contemple unha reducción do temario, que se fixe tamén unha data orientativa para o primeiro exame, entre outras.

O único que acepta a Administración e fixar unha data orientativa pero aberta, que fixa en que o primeiro exame non se realizará antes do 1 de novembro.

Descargar bases aprobadas.