OPE, procesos selectivos

Segundo o Director Xeral da Función Pública, teñen intención de convocar entre maio e xuño os procesos selectivos seguintes: promoción interna de corpos xerais, libre de corpos xerais A1/A2/C1/C2, e escala superior e técnica de finanzas.

Promoción interna corpos xerais

Achéganos Función Pública uns borradores, posteriores á Mesa Xeral (21/11/2014), e previos á Comisión de Persoal. Afirman que esta proposta contén cambios (redución de temas, aumento de tempos para informática, non hababerá lectura pública). Aseguran que non é unha proposta pechada e aceptan novas alegacións, pero sempre e cando esas alegacións versen sobre o modelo que ofrecen, que é innegociable. Descargar borredores.

Libre de corpos xerais

Segundo Función Pública, o luns 11 achegaranos o primeiro borrador das bases dos procesos selectivos de acceso libre para corpos xerais, A1 e A2 da OEP do 2014, e C1 e C2 da OEP do 2015.

Descargar borradores.

Finanzas

Tan só sabemos que teñen interese en sacalo xa. Descargar borradores.

"Cumprimos o compromiso de trasladar a incipiente mellora económica ao ámbito do emprego público". "Por tanto, comezamos a devolver o esforzo que os empregados públicos teñen feito ao longo destos últimos anos"

Desfachatez, cinismo, hipocresía. Calquera destes adxectivos é acaído para calificar o esperpento de declaracións que o presidente Feijóo fixo na rolda de prensa posterior á aprobación no Consello da Xunta do xoves 5 de marzo da Oferta Pública de Emprego 2015. Segundo se desprende da súa nota, ao presidente Feijoo só lle faltaron os gaiteiros e botar uns foguetes para celebrar por todo o alto a aprobación de 373 prazas da oferta de emprego para o ano 2015.

Enchéuselle a boca para gabarse de que estas 373 prazas son sete veces máis que as do ano anterior pero as súas contas non dan coas nosas e aos datos nos remitimos. Por poñer un exemplo, no ano 2014 a consellería de Vicepresidencia amortizou 133 postos de traballo e actualmente temos enriba da mesa dúas propostas de amortizacións de postos de traballo nas consellarías de Medio Rural e do Mar (130 postos) e na CMATI (91 postos), o que fan un total de 354 postos amortizados só nestas tres consellerías. Se a estes números lle engadimos o resto de prazas amortizadas no ano pasado sobrepasamos por moito as prazas desta OPE 2015.

O balance é negativo para os servizos públicos e para o conxunto das empregadas e empregados públicos. A CIG no seu momento votou en contra de todas estas amortizacións e tamén votou en contra desta oferta de emprego na Comisión de Persoal porque non tiñamos nin tan sequera os números das prazas de cada corpo/escala/categoría nin se nos permite formar parte dos tribunais para vixiar os procesos selectivos, nin aceptan discutir a forma de acceso, nin nada.

Despois de sair nos medios anunciando unha Oferta de Emprego para reforzar os órganos especializados da Administración e da Axencia Tributaria de Galiza, atopámonos cunha anoréxica OEP onde só ofertan 53 prazas.

Hai que lembrar que a OEP 2013 foi de 47 prazas, co que anunciar a do 2014 a bombo e platillo como unha "OEP para reforzar",  é unha tomadura de cabelo.

Tendo en conta ademais, que o continxente de empregados/as públicos (excluídos docentes e persoal sanitario) somos ao redor de 20.000 persoas, a OEP 2014 representa un 0.25% do total de prazas da Xunta, o que nos da mostra da dimensión descomunal desta macrooferta. En definitiva, que aínda que permanecésemos todos/as vivos/as e sen xubilarnos/as, necesitaríamos uns 400 anos para repoñer o total de prazas da Xunta.

Non temos a seguridade tampouco de que vaia a executarse. Sabemos das mentiras deste goberno e da Dirección Xeral de Función Pública. Temos prazas sen convocar, especialmente de Promoción Interna, dende a OEP do 2008. É o caso da Escala de Veterinarios onde se "esqueceron" das 47 prazas de dita escala que figuraban nesa Oferta e agora convocan só 7 novas.

Xa está ben de xogar coas expectativas dos/as empregados/as públicos/as e de milleiros de persoas paradas que preparamos oposicións que logo nunca se executan.

Cando o venres 21 de novembro discutimos na Mesa Xeral os borradores das bases de promoción interna de funcionarios de corpos xerais, produciuse unha situación curiosa protagonizada polo director xeral de función pública: reprendeunos por abandonar a negociación, pola falta de concreción das nosas alegacións e vendeunos a xenerosidade que teñen por negociar sen ter obriga de facelo.

Reprendendo aos sindicatos

O máximo responsábel de estarmos cinco anos sen promoción interna, quere atribuirlle o retraso ás organizacións sindicais. Cinco anos facendo o don Tancredo e agora córrelle presa e abronca aos representantes dos funcionarios e funcionarias por levantarnos da xuntanza anterior (1/8/2014).

A primeira xuntanza fora o 4/7/2014, cuns textos inaceptábeis; a CIG presentou as súas alegacións escritas dez días despois, con data 14/7/2014; a segunda xuntanza fora o 1/8/2014, cuns textos non menos inaceptábeis que os primeiros e con Función Pública disposta a falar de pouco máis que de onde escribir os puntos e as comas nas bases, sen entrar a discutir o fondo, o que motivou que nesa xuntanza, o 1 de agosto, nos negásemos a ser monicreques e marchamos.

A condesa de Bornos, Esperanza Aguirre, tivo a ocorrencia de facer un exámen público aos candidatos do PP ás alcaldías madrileñas. Exames, que como puidemos comprobar eran unha ridiculez onde aos candidatos lles soplaban as respostas.

En troques en Galiza o único que soplamos son gaitas, e para dar mostra do rigor, seriedade e bon facer do goberno Feijoo, este vai aplicar a máis estricta disciplina militar á Promoción Interna, non como en Madrid, non como aos seus.

A excentricidade desta xente tan pavera chega ata o extremo de facer convocatorias de Promoción Interna máis nutridas de temas e probas que moitas de acceso libre noutras Administracións.

Despois de instar repetidas veces e esixir unhas probas e temarios acordes á realidade dun proceso de promoción, de darlles referencia de procesos similares noutras Administracións, de facerlles notar que levamos cinco anos sen poder promocionar, do despropósito da fase de concurso, etc, etc, van e contraatacan enviando os mesmos textos conxelados de hai meses para levar este venres 21 á Mesa Xeral de Negociación.

Ademais de querer saber, como é natural, cando se van publicar as convocatorias, cando serán as datas previsibeis dos exames (que van ser antes das eleccións municipais xa o sabemos, pero a ver se concretan máis), a partir do venres informarémosvos de cantos puntos, comas ou espazos en branco están dispostos a modificar na negociación.

Non queremos que nos soplen nos exames como fai o PP aos seus alcaldes. O único que queremos é que se garanta un proceso digno de promoción profesional en consonancia cos feitos noutras Administracións Públicas e que atenda á filosofía do que é: unha promoción interna.

Descargar bases de promoción interna.

O venres 1 de agosto de 2014, esta organización sindical foi convocada pola Subdirección Xeral de Provisión de Postos e Selección de Persoal, dependente da dirección xeral da función pública, co fin de negociar as bases dos procesos selectivos de promoción interna de corpos xerais, onde se nos comunicou que non se ían atender practicamente ningunha das alegacións presentadas por nós.

Igualmente, a actitude dilatoria da Administración, onde despois de sucesivos anuncios en anos anteriores de que se ía convocar a Promoción Interna dos Corpos Xerais de funcionarios, foi adiando conscientemente a negociación destes procesos co conseguinte prexuizo para a carreira e promoción profesional do persoal funcionario desta Administración, é un elemento de gravidade que deberían atallar.

A CIG ven de solicitar a Función Pública:

PRIMEIRO. Que coa máxima urxencia se volva a convocar unha xuntanza para tratar este asunto.

SEGUNDO. Que por parte da Administración se atenda ao principio de boa fe negocial, e non dende a imposición, tal e como veñen facendo ata o de agora.

Función Pública segue sen contestar, e levamos 5 anos sen promoción interna. Xa está ben de demagoxia electoral, queremos a promoción interna e a queremos xa.

As catro organizacións con presenza nas mesas de negociación plantamos o venres 1 de agosto á Xunta de Galiza e levantámonos da Mesa de Negociación da Promoción Interna de Corpos Xerais.

Consideramos unha aberración a primeira proposta de borradores que remitiu Función Pública e as modificacións aceptadas tras a primeira xuntanza como un atropelo a todas as empregadas e empregados públicos.

Esiximos que a Xunta de Galiza retire esta proposta e volver ás bases do ano 2009 como punto de partida negocial, xa que entendemos totalmente inxustificado o cambio das bases.

As empregadas e empregados públicos estamos fartos da criminalización sistemática que fai a Xunta de Galiza e o Partido Popular nos medios de comunicación, fartas de recortes salariais e da privatización dos servizos públicos que prestamos, fartas dos despedimentos dos miles de compañeiras e compañeiros. A todo isto, que non era pouco, agora temos que engadir a negación do dereito á promoción interna coa pretensión da Xunta de Galiza de impoñer unhas bases contra natura, que cercenan os dereitos do persoal cunhas probas no que a obxectividade desaparece e que van poder ser interpretados polos tribunais que nomeará a dedo o Partido Popular o que provocará que a subxectividade e o clientelismo desembarquen con total impunidade nas probas de promoción do persoal.

Achéganos Función Pública os segundos borradores para a promoción interna de corpos xerais. A xuntanza vámola ter o venres 1 de agosto. 

Segundo o manifestado polo Director Xeral da Función Pública na Mesa Xeral do 29/07/2014, esta non será a última xuntanza, polo que o asunto podería quedar para pechalo en setembro.

Descargar borradores.

A CIG reclama unha revisión a fondo das bases da promoción interna. Critica o endurecemento das probas ao achegalas ás de acceso libre e o desequilibrio que produce a favor de quen estivo ou está en posto de libre designación.

"Cada un conta da feira, asegún lle foi nela". Este refrán expresa a dificultade de satisfacer os intereses ou desexos de todo o persoal interesado na promoción interna. Por riba, está a vontade dos responsábeis políticos da Administración, que deseñan un sistema que desequilibra, en exceso, determinadas circunstancias.

Temos de prazo ata o venres 11 para presentar alegacións, e inda que xa levamos escritas 13 páxinas, seguimos abertos a calquer achega que queiras facernos ao noso correo de contacto, autonomica@cigadmon.gal. Alegamos a moitas cousas: taxas, requisitos, idioma, listaxes de admitidos/excluidos, temarios, tribunais, destino, notas de corte, anuncios, datas, formación, tipo de probas, .. Vamos expoñer algunhas ideas xeralistas:

  • Os funcionarios e funcionarias de administración xeral puidemos participar nas promocións internas ás escalas da administración xeral e á administración especial. Por coherencia, e por reciprocidade, defendemos que para nestes procesos poidan participar os funcionariso e funcionarias das escalas e da administración especial.

Despois de insistirlle mes a mes, ano a ano, que tiña que convocar a Promoción Interna, por fin, na Comisión de Persoal do luns 30 de xuño, o director xeral da Función Pública anunciou que enviarían os borradores dos procesos.

Dende a CIG insistimos en que tiña que convocar a totalidade das prazas que se contemplaban nas Ofertas de Emprego Público dos anos 2009, 2011 e 2012, que están sen executar.
Anúncianos que convocarán a Promoción Interna de Corpos Xerais que ascende a un total de 320 prazas desglosadas do seguinte xeito:

  • A1- 50 prazas
  • A2- 40 prazas
  • C1- 80 prazas
  • C2- 150 prazas