Hai que deixar claro que a Axencia Tributaria non regala a cota sindical, senón que exime de pagar o 100% do imposto do IRPF que correspondería a esa cantidade. Xa que logo, deses 131,85€ devolveríase unha porcentaxe  variable que oscila entre o 20-30% dependendo dos casos. De afiliarrte unha vez comezado o 2008, podedes consultar a cantidade exacta abonada: a) na entidade bancaria na que teñades domiciliado o pagamento (se é banca electrónica moito máis fácil) ou b) nos locais comarcais da CIG.  Nestes dous sitios poderiades solicitar os certificados de pagamento da cota sindical, se a vosa declaración toca a revisar e así volo solicitan. Porén, a cantidade deducible por este concepto é pouco importante, e a selección aleatoria de declaracións a revisar vai máis encamiñada ás que se separan en máis de dous díxitos de euro do borrador que ten a AEAT.

O prazo límite de presentación da declaración do IRPF finaliza o 30 de xuño (o 23 de xuño se se domicilia o pagamento). Toda a información necesaria sobre a Renda 2008 podédela atopar no seguinte enlace.

Porque, efectivamente, a afiliación sindical, e en especial a CIG, contribúe a mellorar as condicións e os rendementos do traballo das persoas traballadoras no noso país, AFÍLIATE.