Inicio
Luns, 18 Marzo 2024

A CIG solicita que se volva a abrir o buzón de postos do concurso de corpos especiais

Despois dun breve prazo para formular alegacións, Función Pública pechou o buzón sen responder a máis da metade das alegacións sobre os postos.

De todas as alegacións formuladas pola CiG en relación aos postos do concurso de traslados de corpos especiais (inclusións, exclusións, etc) de máis da metade non temos resposta.

Hai que facer constar que cando nós alegamos por ter coñecemento de que determinados postos que non están no listado inicial deberían aparecer porque son vacantes, o que ...


Venres, 15 Marzo 2024

Que pasa coas gardas dos axentes do Servizo de Patrimonio Natural?

O Servizo de Patrimonio Natural en Ourense un ano máis queda sen periodo extraordinario ao comezo da tempada de pesca, e repetirá a tempada de caza sen reforzo do persoal. Do resto, a pesar das demandas de ampliación, seguen co periodo recortado de dous meses

Unha das tarefas fundamentais dos axentes ambientais que traballan no Servizo de Patrimonio Natural é a vixilancia e control das actividades de pesca fluvial e a cinexética, e para iso compre o reforzo coa ampliación horaria coas ...


Venres, 15 Marzo 2024

Segue o nepotismo de xefa territorial de Sanidade de Ourense

A CIG pide o cese da xefa territorial de Ourense da Consellería de Sanidade por repartir a dedazo os postos de nivel sen “as funcións” e sen mover ao persoal ao posto adxudicado

Na CIG-Autonómica denunciamos a situación que dende fai anos está a acontecer nesta xefatura e específicamente no Servizo de Inspección de Servizos Sanitarios de Ourense.

Neste servizo, a data de hoxe, están creados un total de 31 postos:

  • 3 xefaturas de sección (nivel 25)
  • 7 xefaturas de negociado (nivel 18)
  • 9 ...

Venres, 15 Marzo 2024

Xubilación anticipada para o persoal axente ambiental, XA!

A CIG insta a xubilación anticipada para o persoal das escalas de axentes ambientais á Xunta de Galiza e na Lei básica que se está a tramitar no Congreso dos Deputados/as

A CIG insta á Xunta de Galiza para que dea cumprimento do Acordo sobre as condicións de traballo dos axentes forestais e medioambientais de Galicia asinado coas organizacións sindicais CIG, CCOO e UGT o 11 de outubro de 2018 para que procedan a solicitude de implantación de coeficientes reductores para o persoal das ...


Xoves, 07 Marzo 2024

8 de Marzo: a Xunta de Galiza e o seu PLAN DE “IGUAL DÁ”

Este é o primeiro 8 de marzo no que o persoal da Xunta de Galiza vai contar cun Plan de Igualdade aprobado pola administración da Xunta e os sindicatos CCOO, CSIF e UXT, co voto en contra da CIG

Porque votamos en contra? Porque este Plan non recolle nin un mínimo de medidas que poidan mellorar a situación das traballadoras na Xunta de Galiza; porque asinar o Plan, tal e como se fixo, é unha oportunidade perdida de adoptar unhas medidas para conseguir avances reais en igualdade; porque non se ...


Martes, 05 Marzo 2024

Concurso de traslados: que pasa co do persoal veterinario da Xunta de Galiza? E do resto de escalas?

A Dirección Xeral de Función Pública négase a meter no concurso de corpos especiais, que se vai publicar este 11 de marzo, ao persoal veterinario pero non o xustifica nin dá razóns. A consecuencia é que xa temos ata tres promocións en destino provisional e máis de 700 compañeiros e compañeiras pendentes dunha mobilidade ou dun destino definitivo que nunca chega. 

Tendo en conta que segundo manifestou o Director Xeral de  Función Pública para todos os procesos selectivos as tomas de ...


Xoves, 15 Febreiro 2024

E as condicións de traballo do persoal non docente dos centros de ensino, "pa" cando?

O 12 de febreiro quedou aprobada unha nova modificación parcial da RPT de Educación co voto en contra da CIG e a abstención do resto das organizacións sindicais (CCOO, CSIF e UGT).

O voto en contra da CIG non é tanto pola RPT en si, se non que se debe a que para a xustificación de creacións e amortizacións de postos seguen a empregar os ratios da Circular do ano 1994 coa que non concordamos por considerala desfasada e que non se axusta á realidade dos centros e tampouco foi negociada en ...


Martes, 13 Febreiro 2024

Retiran os tempos de programación educativa e, temos que estar caladas?

O Consorcio exerce presión sobre as súas traballadoras ante a mobilización pola eliminación das titorías e tempo para a programación educativa

Ante a mobilización convocada pola CIG mañá 14 de febreiro ás 11 horas diante dos Servizos Centrais do Consorcio e Política Social en Compostela, o Consorcio de Igualdade e Benestar enviou ás familias e ás traballadoras unha carta comunicando que a información trasladada nos últimos días polas compañeiras de “non ter titorías é unha ...


Luns, 12 Febreiro 2024

Aprobado o Acordo de condicións laborais do persoal do SPIF

O Acordo de condicións laborais do persoal do SPIF foi aprobado na Comisión de Persoal do luns día 12 de febreiro

Despois dun tempo de loita e mobilización para conseguir a negociación real dun Acordo de condicións de traballo para os compañeiros e compañeiras do Servizo de Prevención de Incendios Forestais de Galiza (SPIF), a Administración convocara para o pasado 8 de febreiro unha primeira xuntanza coa que se iniciou un proceso negociador con Función Pública que, tras varias idas e ...


Luns, 12 Febreiro 2024

Aprobados os concursos de traslados de corpos xerais e de enxeñarías, arquitectura e ciencias

O luns 12 de febreiro quedaron aprobadas as bases dos concursos de traslados de corpos xerais e de enxeñarías, arquitectura e ciencias, os dous coa abstención de CIG. A publicación en DOG tardará unhas semanas, tempo no que aínda poderemos alegar ás prazas.

As bases destes dous concursos son case idénticas ás dos concursos dos últimos meses (incendios, axentes medioambientais, consumo e gardacostas). Pero nesta ocasión houbo un condicionante que impediu o voto favorable da CIG: a incerteza ...


Luns, 12 Febreiro 2024

O empobrecemento do persoal do Agacal

Nesta funcionarización expres que a Función Pública mete nunha mesa “multiasuntos” consolídade a discriminación salarial do persoal dos centros agrarios da Xunta.

Nos centros de AGACAL prometeron unha mesa de negociación de pluses no ano 2021, cando se aprobou tamén ás presas, a primeira relación de postos de traballo (RPT). 

Esta negociación finalmente non foi adiante a pesar de que logo das mobilizacións do persoal dos centros en maio de 2023, a Xerencia do Agacal e a Dirección Xeral da ...


Entenden que o Banco de España, grazas á información da que dispón, "era coñecedor do que estaba pasando e tiña todos os elementos necesarios para prever o que ía suceder". Máis cando, naquel delicado momento, se realiza a primeira reforma financeira coa aprobación da lei de caixas, coa que se consegue facer desaparecer a moitas caixas de aforros e reforzar aos grandes bancos, que serán quen sigan recibindo as axudas do Estado.

Advertencias dos Inspectores do Banco de España

Na comparecencia ante os medios, o secretario xeral de ELA, Adolfo Muñoz, Txiqui, lembrou a misiva remitida pola Asociación de Inspectores do Banco de España ao entón vicepresidente segundo do Goberno e Ministro de Economía e Facenda, en 2006, advertindo dos riscos que corría o sistema financeiro e a pasividade tanto do daquela gobernador como do Ministerio de Economía que,dixo, "ten unha especial responsabilidade de velar polo interese público que pode verse afectado polo exercicio da actividade bancaria".

Xunto a isto, as organizacións sindicais apuntan ao Ministerio de Economía e, polo tanto, aos ministros de Economía, pola súa "especial responsabilidade de velar polo interese público que pode verse afectado polo exercicio da actividade bancaria" e é quen autoriza a creación de bancos. Sinalan que a xurisprudencia admite, ademais, en relación a estas licenzas "a posibilidade de modificar o contido da autorización inicialmente outorgada para mantelo constantemente adaptado, ao longo da súa vixencia, ás exixencias do interese público".

Nese sentido, Txiqui asegurou que, tal e como se recolle na demanda, "é claro que a necesidade de inxectar tantos miles de millóns do erario público para evitar a creba do sistema financeiro trouxo consigo a redución do benestar de moitos cidadáns e cidadás", matizando que "non hai que facer un grande esforzo argumental para ver a relación directa entre as enormes cantidades de diñeiro público inxectadas á banca e os non menores recortes aplicados no benestar da inmensa maioría dos cidadáns".

Ex presidentes do Goberno

CIG e ELA consideran que tampouco se pode obviar a responsabilidade que no nomeamento dos Gobernadores do Banco de España teñen os Presidentes do Goberno xa que, aínda que formalmente corresponden ao Rei, a elección resulta, na práctica, do Presidente do Goberno, que é quen propón ao candidato/a.

Alén diso, engaden que como máximos mandatarios do Goberno do Estado español, teñen a capacidade de cesar ou, cando menos, de instar ao cese do Gobernador, Subgobernador ou Conselleiros non natos do Banco de España, segundo recolle o artigo 25.4.d da Lei de Autonomía do Banco de España.

"Os Gobernos, cos seus Presidentes á cabeza, eran sabedores, primeiro, da gravidade da situación e, segundo, de que non se estaban tomando as medidas axeitadas para evitar que a situación fora a peor. Asistimos a un empeoramento constante da situación económica e financeira mentres os Presidentes do Goberno mantiveron e defenderon a nefasta xestión da crise financeira por parte do Banco de España".

Diante desta situación, o secretario xeral da CIG, Suso Seixo, denunciou a pasividade do sistema xudicial ante os responsábeis da crise. Unha actitude que atribuíu á dobre vara de medir e o carácter de clase que ten o aparello do Estado e a propia lexislación. "Actúase con total dureza ante calquera conflito de carácter laboral e de reivindicación dos dereitos dos traballadores/as, mentres que os responsábeis destas políticas económicas, que tan graves consecuencias tiveron para o conxunto da poboación, non teñen a consideración legal de ter cometido un delito e, polo tanto, non reciben castigo penal de ningún tipo polos seus actos".

Neste sentido citou o caso dos compañeiros da CIG xulgados este xoves día 7 de xuño, acusados dun delito de desorde pública e outro de danos, por teren ocupado, xunto co resto dos traballadores/as as instalacións da Xunta de Galiza durante a folga de Metal de 2007. A fiscalía pide por isto cinco anos de cadea. "É evidente que a repercusión desas accións, do punto de vista do interese social e económico non é a mesma que a que ten a xestión que fixeron os gobernos antes e durante a crise". Porén, lamentou que fronte a estes últimos "a fiscalía non promove acción penal algunha".

Denuncia

Avalando estas afirmacións con toda unha serie de datos, incluídas as consecuencias dos procesos de fusión das entidades e as inxentes cantidades recibidas por moitas destas en concepto de axudas públicas, as organizacións sindicais nacionalistas ELA e CIG consideran que estes feitos, "sen prexuízo de ulterior cualificación", revisten presuntamente as características dos tipos penais de: prevaricación por omisión do artigo 404 do Código Penal e Delitos societarios dos artigos 290 e ss do Código penal e, nomeadamente dos artigos 295 e 296.

Subliña que se deron "graves omisións arbitrarias de resolucións ás que estaban obrigados polos seus respectivos cargos, tanto os Gobernadores do Banco de España, Ministros de Economía e os Presidentes do Goberno, en aras a preservar os intereses económicos e financeiros do conxunto da poboación" e que "coñecían que coas devanditas omisións provocábanse situacións absolutamente inxustas para o conxunto da poboación e dos intereses xerais, cunhas consecuencias colectivas desastrosas e alarmantes desde os citados puntos de vista económicos e financeiros".