A CIG considera un “insulto” a todas as traballadoras e traballadores das administracións públicas que se estea poñendo en cuestión un dereito, como o de cobrar pagas extra, que é común a toda a clase traballadora. Custounos moitos anos conseguilo. O persoal das administracións públicas, até hai pouco non cobrabamos completas as nosas pagas extra. Foi unha loita de anos de negociación e de chegar a acordos nas mesas, porque só se nos abonaba soldo base e antigüidade.

No ano 2010, cando se decretou o recorte salarial, as pagas extra das traballadoras e traballadores das administracións públicas xa sufriron un recorte dun 15%. Neste intre xa non estamos cobrando as nosas pagas extra completas como lle correspondería a calquera traballador/a.

Tocar de novo os salarios, xa mermados porque ao longo destes últimos anos xa se reduciron nun 23%, o que vai provocar é un empobrecemento a pasos axigantados do persoal que neste momento traballa nas administracións. Neste sentido, o goberno de Mariano Rajoy retrotraería ás empregadas e empregados do sector público ás condicións laborais e salariais que tiñamos en tempos pasados nos que as condicións eran tremendamente precarias. Xunto a iso, atópase a amenaza de desaparición de miles de postos de traballo que implicarína un aumento do desemprego, que afondaría aínda máis no empobrecemento da clase traballadora e no retraimento do consumo.

Desdea a CIG responsabilizamos da actual situación aos gobernos irresponsábeis que fomentaron políticas que favoreceron un modelo de economía especulativa fronte á economía real. Agora pretenden que paguemos a súa incompetencia as traballadoras e traballadores públicos cos nosos salarios ou cos nosos postos de traballo e iso non o podemos tolerar.

Táboa cos recortes salarias dos últimos anos

Elaborada a partir de datos do INE e dos orzamentos xerais do Estado desde o ano 2002 até este.

ANO

IPC GALIZA

IPC ESTADO

SUBA SALARIAL

DIF GALIZA

DIF ESTADO

2002

3,8%

3,5%

2%

-1,8%

-1,5%

2003

3,1%

3,0%

2%

-1,1%

-1%

2004

3,0%

3,0%

2,7%

-0,3%

-0,3%

2005

3,4%

3,4%

2,6%

-0,8%

-0,8%

2006

3,5%

3,5%

2%

-1,5%

-1,5%

2007

5,3%

4,9%

2%

-3,3%

-2,9%

2008

2,1%

2,1%

2%

-0,1%

-0,1%

2009

2,6%

2,1%

2%

-0,6%

-0,1%

2010

4,5%

,0%

-5%

-9,5%

-9,0%

2011

3,6%

3,1%

0%

-3,6%

-3,1%

TOTAL

34,9%

32,6%

12,3%

-22,6%

-20,3%