Día da clase obreira galega -Manifestacións-
-Ferrol: 12:30 horas, Avenida do Esteiro (local da CIG).
-Vigo: 11:30 horas, Cruce de Lepanto con Gran Vía.
-A Coruña: 12:00 horas, Praza de Vigo.
-Compostela: 12:30 horas, Praza Roxa.
-Lugo: 11:30 horas, Ronda da Muralla (local da CIG).
-Ourense: 12:00 horas, Pavillón dos Remedios
-Pontevedra: 12:00 horas, Praza da Ferrería.
Día da muller traballadora
A Secretaría da Muller da CIG convídate a participar na XORNADA NACIONAL DE LOITA nas seguintes concentracións:
- A Coruña, 8 de marzo ás 12 h, diante da empresa EUROCEN,
- Compostela, 8 de marzo ás 12 h, diante da oficina da Fundación para a Calidade Industrial e o Desenvolvemento Tecnolóxico de Galiza, en Área Central
- Lugo, 8 de marzo ás 12 h, diante do Gran Hotel de Lugo
- Ourense, 8 de marzo ás 12 h, diante da Confederación de Empresarios/as.
- Pontevedra, 6 de marzo na chamada praza 8 de marzo, logo dunha asemblea de delegadas/os
- Vigo e Ferrol, en resposta ás duras condicións laborais impostas no convenio das grandes superficies comerciais (8 de marzo ás 12 horas; en Vigo diante do Corte Inglés, e en Ferrol diante do Centro Comercial Odeón)
Alén destas concentracións de traballadoras, a CIG participará nas concentracións convocadas pola Marcha Mundial das Mulleres, á tarde do día 8 en Vigo, Ourense, Cee e Ferrol, na concentración cidadá prevista na Coruña contra o peche do Centro de Orientación Familiar da Coruña o día 8 de marzo ás 20 horas no Obelisco, e como organización convócante xunto con outras asociacións e entidades feministas na mobilización nacional que sairá o día 9 de marzo ás 12:30 horas da Estación de tren de Compostela, baixo o lema Mulleres Galegas en loita polos nosos dereitos!