Se no ano 1972 Ferrol e Vigo vivían a  loita máis dura da nosa clase contra a ditadura franquista, en defensa dos nosos convenios, dos dereitos no traballo e do emprego, neste 2014 vivimos outra ditadura: a dun réxime ateigado de corrupción que goberna a favor dos máis ricos, dos bancos e das grandes empresas.

Mais existen alternativas e un futuro digno para o noso pobo é posíbel. É por iso que a CIG está a promover unha Iniciativa Lexislativa Popular no Parlamento Galego que contempla até 100 medidas para o crecemento económico e a creación de emprego digno na Galiza, e a través da que tamén se demanda soberanía para poder gobernar os nosos recursos e defender os nosos intereses como nación.