Horarios e lugares das concentracións:

- A Coruña - venres 2 de maio, ás 20h no Obelisco

- Compostela - venres 2 de maio, ás 20h Praza 8 marzo, Porta do Camiño

- Ferrol - venres 2 de maio, ás 20h, na Praza do Concello

- Ourense -  venres 2 de maio, ás 20h na Subdelegación do Goberno

- Vigo -  venres 2 de maio, ás 20h no Marco

A concentración debe ser tamén unha denuncia á pasividade do goberno da Xunta de Galiza e do goberno do estado español ante as mortes, que máis aló dos minutos de silencio institucional, non son quen de garantir a seguridade ás mulleres que denuncian, evitando que o maltratador se achegue ás vítimas (incluíndo como tales aos fillos e fillas), de facilitar que denuncien as que aínda non foron quen de  dar o paso, tramitando as axudas económicas desde o momento no que se solicitan (e non durante uns meses ao ano), e facendo un seguimento real de todo o proceso desde que se produce a denuncia até que se dita sentenza (e mesmo despois).

Uns gobernos que gastan cartos públicos en entidades ultraconservadoras, que lexislan contra os dereitos das mulleres, que recortan en servizos públicos, sociais e de saúde, que soben as taxas para acceder á xustiza, no canto de dotar de orzamentos suficientes ás políticas de igualdade e ás de prevención e actuación en violencia de xénero.

Tamén denunciamos o tratamento informativo que, por ter como protagonistas ás mulleres, se lles dá as mortas, de xeito diferente ao de calquera outro asasinato, buscando a xustificación nas condutas dos asasinos que non se buscan noutros casos, denominando "violencia doméstica" cando deberan definila como o que é: violencia de xénero, violencia contra as mulleres, en definitiva, terrorismo machista.

NINGUNHA AGRESIÓN! NINGUNHA MORTE SEN RESPOSTA!