As centrais convocan unha nova mobilización de apoio a Carlos e Serafín

A CIG, CCOO e UGT fan un chamamento a participar na concentración convocada este xoves 21 diante do Marco de Vigo ás 20:00 horas para reclamarlle o Goberno español a concesión do indulto a Carlos Rivas e Serafín Rodríguez, condenados a tres anos de prisión por participar na folga do transporte en 2008.

As centrais entenden que a decisión que evite a entrada na cadea destes dous traballadores non se pode demorar máis xa que levan catro anos agardando, polo que esixen o indulto inmediato. A CIG anunciou recentemente que intensificará as mobilizacións no caso de que o Consello de Ministros/as non tome unha decisión ao respecto nas vindeiras semanas.