Inicio
CIG-Autonomica
  • 20120209.Vigo.3.jpg
  • 20120501.Pontevedra.1.jpg
  • 20120621.cadea_humana.san_caetano_6.jpg
  • 20120501.Ferrol.1.jpg
  • 20130305.Vigo.Carrousel.jpg
Xoves, 19 Setembro 2019

Grupo de expertos de apoio a comisión do Parlamento sobre incendios forestais

Comunicado da CIG sobre o informe do grupo de expertos de apoio á comisión do Parlamento de Galiza sobre incendios forestais

O mércores 18 presentouse na Comisión de Agricultura do Parlamento de Galiza o documento de respostas ás cuestións recollidas no Ditame da comisión parlamentaria sobre incendios forestais de 2017 elaborada polo grupo de expertos.

En liñas xerais a CIG valoramos positivamente o contido deste informe xa que pon en valor moitas das recomendacións e propostas que son ...


Domingo, 01 Setembro 2019

A CIG leva ao parlamento a escaseza de persoal nos centros de maiores da Xunta

A CIG-Autonómica vimos de tramitar, no Parlamento de Galiza, unha solicitude aos grupos parlamentarios para que demanden a comparecencia urxente da conselleira de Política Social pola situación das Residencias de Maiores da Xunta de Galiza.

Alertamos da situación de deterioro xeral nas prestacións que están a recibir as persoas maiores usuarios de residencias da terceira idade e centros de día xestionadas directamente pola Xunta de Galiza, fundamentalmente polas condicións laborais dos ...


Luns, 26 Agosto 2019

En vigor a Lei de Administración dixital de Galiza

No DOG núm. 141 do venres 26 de xullo de 2019 publicouse a LEI 4/2019, do 17 de xullo, de administración dixital de Galicia (LEDIXGA).

Esta lei ten por obxecto regular o modelo de administración dixital no sector público autonómico, procedendo a desenvolver a normativa básica estatal en materia de administración electrónica, a implementar e a fomentar a adopción das medidas precisas para incorporar o potencial das tecnoloxías dixitais no deseño das políticas públicas, na modernización do ...


Mércores, 28 Agosto 2019

A CIG esixe á Xunta a cotización requirida para os coeficientes redutores no SPIF

Dende a CIG vimos de rexistrar escrito para que a Xunta de Galiza execute as recomendacións técnicas do grupo de expertos de apoio á comisión do Parlamento de Galiza sobre incendios forestais, que suporía o pago pola súa parte da cotización adicional regulamentada para que se apliquen os coeficientes redutores aos bombeiros forestais do SPIF.

Nos últimos anos adicamos moito esforzo á consecución do recoñecemento da categoría profesional 5932 Bombeiro forestal. Isto non foi casualidade, ...


Mércores, 28 Agosto 2019

A CIG esixe a Medio Rural que complete a formación específica para o persoal de incendios

A CIG-Autonómica solicitamos nun escrito dirixido á Consellería de Medio Rural que incorpore ao sistema formativo a cualificación profesional SEA 596_3 de grao superior xa que unha porcentaxe elevada do persoal superou o grao medio.

Con esta solicitude continuamos o traballo para a imprantación do nivel medio de formación que esta avalado polas recomendacións técnicas do "Grupo de expertos de apoio á comisión do Parlamento de Galiza sobre incendios forestais".

Así a CIG aposta pola ...


Venres, 23 Agosto 2019

A excelencia na mala fe negocial: o modus operandi con selo propio da Xunta de Galiza

A Xunta de Galiza ten obriga por lei de negociar cos sindicatos as condicións laborais do persoal empregado público, e sen sentar coa representación legal dos e das traballadores e traballadoras non pode aprobar cuestións que repercutan nesas condicións. Agora ben, parella a esta obriga, a Xunta pode adoptar unha boa fe negocial, ou pode facer que fai unha negociación, fixando xuntanzas para poder afirmar simplemente que as houbo.Si, efectivamente... Trátase desa segunda opción: as ...


Luns, 19 Agosto 2019

Deixen de empregar os servizos públicos "para chantaxes políticas"

Esiximos que se garanta o pago de soldos e carreira profesional a todo o persoal da Xunta

Ante as declaracións do conselleiro de Facenda nas que alertaba de supostas dificultades para afrontar o pago dos salarios persoal da administración xeral da Xunta derivadas da débeda estatal con Galiza, dende o sector de Autonómica da CIG-Administración instámolo a non empregar os servizos públicos nin ao seu persoal “para chantaxes políticas”, ao tempo que esiximos que se garanta o pago de todos ...


Mércores, 14 Agosto 2019

A CIG denuncia o empeoramento do material e vehículos do servicio de incendios e pide dimisións

A CIG vén de rexistrar escrito perante a Secretaría Xeral Técnica de Medio Rural esixindo documentación da contrata con TRAGSA referente aos materiais e vehículos das novas brigadas do Servizo de Prevención contra Incendios Forestais (SPIF).

Logo da recente incorporación do persoal de brigadas no SPIF, de nova contratación, coñecemos algúns datos unha vez os tivemos diante dos nosos ollos, diante da total opacidade e descontrol en todos os eidos que nos brindou a Consellería do Medio Rural ...


Luns, 12 Agosto 2019

A Xunta resposta á presión é abre unha mesa de negociación para o persoal técnicos dos distritos

A Xunta resposta á presión e abre unha mesa de negociación de traballo do persoal técnico dos distritros forestais sen Función Pública. A Consellería de Medio Rural convocou cos representantes sindicais o venres 9 de agosto de 2019 á Mesa de negociación demandada dende maio de 2018 e logo de varias mobilizacións do persoal.

As organizacións sindicais levamos á mesa as demandas dos enxeñeiros técnicos forestais e enxeñeiros de montes, que traballan na coordinación e xestión forestas e das ...


Xoves, 08 Agosto 2019

A Dirección Xeral de Patrimonio Cultural, campeona mundial da externalización

Segue e segue coas encomendas de xestión a Tragsatec do traballo técnico de arqueoloxía

Está claro que na Consellería de Cultura non queren ao persoal funcionario, non valoran o traballo dos técnicos e incluso non cumplen as leis de patrimonio nin de protección de datos. Xa é a terceira vez que asinan unha encomenda de xestión coa empresa Tragsatec, e a terceira vez que a CIG o denuncia.

O pasado luns día 15 publicaban no DOG a nova encomenda para o segundo semestre do ano, por valor de ...


Durante os últimos anos, ante a ameaza que as sucesivas reformas de PP e PSOE supoñen ao Sistema Público de Pensións, miles de persoas veñen mobilizándose para exixir unhas pensións públicas, dignas e que estean garantidas.

Porén, o colectivo de xubilados e pensionistas da CIG advirte de que agora, pretenden dar por cumpridas as súas reivindicacións a través dunha suba das pensións que, na realidade, non cambia substancialmente a situación, dado que supón unha media dun 2,6% de incremento, co que non se recupera todo o poder adquisitivo perdido por pensionistas desde o ano 2013 en que a reforma do PP eliminou a revalorización das pensións co IPC.

Fenda das pensións das mulleres

Denuncian ademais, que as pensionistas galegas que teñen pensións de viuvez, foron as menos beneficiadas por esta suba, xa que só 1 de cada dez viu incrementada a súa pensión. “As mulleres que cobran complemento a mínimos por non chegar á contía mínima, viron reducida a cantidade dese complemento na mesma medida en que subía a pensión, polo que na práctica, non se produciu suba para estas pensionistas”, afirman.

Isto agrava a fenda entre as pensións de homes e mulleres, que, segundo os últimos datos ofrecidos polo IGE, está a aumentar. Tal é así que a diferenza entre a pensión media dun galego e a dunha galega está xa no 37,1%, e se falamos dos grupos de idade de entre 55 e 74 anos, sobe a máis do 42%.

Por iso aseguran que unha suba parcial das pensións non soluciona nin garante un Sistema Público de pensións forte, nin vai facer que deixen de mobilizarse.

Entenden que só medidas de creación de emprego estábel en condicións dignas e con salarios xustos conseguirán dotar de recursos suficientes o sistema de pensións de agora e o do futuro.

Diante disto demandan a posta en marcha de políticas que dean prioridade á creación de emprego de calidade e ao incremento dos salarios adoptando para iso, como primeiras medidas, a derrogación das reformas laborais, da negociación colectiva e das pensións, tanto a de 2011 como a de 2013.

Xunto a isto defenden:

- Supresión do Factor de sustentabilidade. A súa aplicación está aprazada ata 2023, mais é necesaria a súa desaparición.

- Fixación por lei da pensión mínima igual ao Salario Mínimo Interprofesional (60% do salario medio) e revalorización anual como mínimo co IPC.

- Xubilación ordinaria aos 65 anos, e voluntaria a partir de ter cotizados 35 anos, reais ou por aplicación dos coeficientes redutores en determinadas profesións.

- Cálculo da base reguladora segundo as bases de cotización, actualizadas á data de reporte da pensión co IPC de todo o tempo transcorrido, dun período de 10 anos elixido pola persoa beneficiaria entre a súa carreira de cotización.

- Suprimir as bonificacións e reducións da cotización empresarial á Seguridade Social en determinados tipos de contratos laborais.

- Eliminar os topes máximos de cotización á Seguridade Social, mantendo uns límites máximos para o importe da pensión.

- O traspaso á administración galega da competencia de xestión do réxime económico da Seguridade Social prevista no Estatuto de Autonomía.