Inicio
Venres, 19 Abril 2024

A Xanela (boletín de CIG-Autonómica, abril/2024)

Neste boletín de CIG-Autonómica falamos de:

- Concursos de traslados e as 1.100 prazas bloqueadas- Concurso específico- Campaña pola xornada de 35 horas semanais e as semanas de 4 días- Lentitude dos procesos selectivos- Condicións de traballo do persoal non docente de centros de ensino- Como recibir información da CIG-Autonómica.


Luns, 15 Abril 2024

A AGASP e a Dirección Xeral da Defensa do Monte aplican criterios discriminatorios na selección para a formación

A Academia Galega de Seguridade Pública (AGASP), organismo autónomo de carácter administrativo adscrito organicamente á consellaría competente en materia de interior e xustiza, imparte formación ao persoal axente forestal (art. 4 da Lei 1/2007). A Dirección Xeral de Defensa do Monte, da Consellaría do Medio Rural, participa na organización da formación e nos procesos de selección.

A AGASP vén de convocar a actividade formativa “Análise de incendios forestais”, de 120 horas e 40 prazas, ...


Luns, 15 Abril 2024

O Consorcio ordena facer a programación do período de adaptación... na casa?

A CIG-Autonómica denuncia ante a autoridade laboral a decisión da Xunta e máis do Consorcio de cargar ás traballadoras coas horas de programación sen reducir o horario de atención directa. 

O Consorcio impuxo, dentro da xornada de 35 horas semanais, que toda a xornada de traballo fose de atención directa ás crianzas. Esta medida supón un novo atentado contra os servizos públicos, dado que afecta á calidade do servizo ao eliminar a programación educativa, as xuntanzas coas familias, a ...


Venres, 12 Abril 2024

Recurso de reposición ao concurso ordinario de traslados de ciencias+enxeñarías+arquitectura

A CIG presentou un recurso de reposición á Resolución que convocou o concurso ordinario para a provisión de postos de traballo vacantes de escalas de enxeñarías, arquitectura, arquitectura técnica e ciencias (administración especial).

No recurso solicitamos unha relación das prazas que desapareceron do concurso, con información polo miudo de cada unha delas. Tamén da relación de prazas que teñen reserva. Ao tempo, reclamamos a convocatoria inminente das prazas de concurso específico, que ...


Venres, 12 Abril 2024

Emendas da CIG ás leis básicas de bombeiros/as forestais e axentes forestais e medioambientais

Dende a CIG, e con ánimo de mellorar os textos dos proxectos de leis básicas de bombeiros/as forestais e axentes forestais e medioambientais, enviamos aos grupos parlamentares do Congreso as nosas achegas a estes documentos dentro da fase de emendas.

Para nós estes textos son claramente mellorables porque poden chegar a limitar o ámbito de actuación e funcións de competencia da comunidade galega e non afondan en dar solucións aos principais problemas deste persoal que sí son cuestións de ...


Venres, 12 Abril 2024

Educación retira a axuda por discapacidade ao seu persoal funcionarizado

A Consellería de Educación, de xeito unilateral e sen previo aviso, retirou a axuda por persoa con discapacidade a cargo que o persoal funcionarizado tiña recoñecida en base ao V Convenio Colectivo da Xunta de Galiza.

O persoal laboral ten dereito a unha axuda de 180 € mensuais cando ten ao cargo unha persoa con discapacidade e con ingresos inferiores ao SMI. En teoría ese dereito íase manter parar o persoal laboral funcionarizado da citada consellería pero na práctica foille retirado. É ...


Xoves, 11 Abril 2024

O Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar incumpre a normativa de conciliación da vida familiar e laboral

O Consorcio introduce unha cláusula nas resolucións de reducións de xornada que impide que o persoal poida desfrutar do dereito á conciliación mentres non se cubra con persoal substituto a franxa horaria na que reduce a xornada.

A CIG levamos anos denunciando a situación que se produce na concesións de reducións de xornada por conciliacións, incumprindo o artigo 37.7 do Estatuto das Persoas Traballadoras.

Agora, vimos de denunciar perante a Valedora do Pobo a conculcación, na práctica, ...


Mércores, 03 Abril 2024

A CIG solicita que o grao en Educación Social sexa a única titulación habilitante para exercer como educador/a social

A CIG presenta unha proposta para que se modifique a Lei de Emprego Público de Galiza de tal xeito que o grao en Educación Social sexa a titulación especializada única que habilite para o exercicio da profesión de Educador/a Social

A CIG vén de presentar perante a Dirección Xeral da Función Pública e ante as Secretarías Xerais Técnicas das consellerías onde está presente a figura dos/as Educadores/as Sociais (Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades, ...


Luns, 18 Marzo 2024

A CIG solicita que se volva a abrir o buzón de postos do concurso de corpos especiais

Despois dun breve prazo para formular alegacións, Función Pública pechou o buzón sen responder a máis da metade das alegacións sobre os postos.

De todas as alegacións formuladas pola CiG en relación aos postos do concurso de traslados de corpos especiais (inclusións, exclusións, etc) de máis da metade non temos resposta.

Hai que facer constar que cando nós alegamos por ter coñecemento de que determinados postos que non están no listado inicial deberían aparecer porque son vacantes, o que ...


Venres, 15 Marzo 2024

Que pasa coas gardas dos axentes do Servizo de Patrimonio Natural?

O Servizo de Patrimonio Natural en Ourense un ano máis queda sen periodo extraordinario ao comezo da tempada de pesca, e repetirá a tempada de caza sen reforzo do persoal. Do resto, a pesar das demandas de ampliación, seguen co periodo recortado de dous meses

Unha das tarefas fundamentais dos axentes ambientais que traballan no Servizo de Patrimonio Natural é a vixilancia e control das actividades de pesca fluvial e a cinexética, e para iso compre o reforzo coa ampliación horaria coas ...


Venres, 15 Marzo 2024

Segue o nepotismo de xefa territorial de Sanidade de Ourense

A CIG pide o cese da xefa territorial de Ourense da Consellería de Sanidade por repartir a dedazo os postos de nivel sen “as funcións” e sen mover ao persoal ao posto adxudicado

Na CIG-Autonómica denunciamos a situación que dende fai anos está a acontecer nesta xefatura e específicamente no Servizo de Inspección de Servizos Sanitarios de Ourense.

Neste servizo, a data de hoxe, están creados un total de 31 postos:

  • 3 xefaturas de sección (nivel 25)
  • 7 xefaturas de negociado (nivel 18)
  • 9 ...

POLO EMPREGO, NON ÁS REFORMAS DO CAPITAL. DEFENDAMOS OS NOSOS DEREITOS

Afrontamos a celebración deste 1º de maio de 2011, cuns níveis de desemprego moi preocupantes (240.000 desempregados na Galiza), como consecuencia da crise económica e das políticas de recorte do investimento público levadas a diante polo Goberno español e polo Goberno galego. A esta situación hai que engadirlle o preocupante panorama, de presente e de futuro, para a clase traballadora, derivado das políticas antisociais do goberno que se concretan nas reforma laboral e na reforma da pensións, así como no recorte do gasto social e a privatizacións de empresas e servizos públicos.

Nun aspecto económico máis global, vemos como pouco a pouco, a banca, os fondos de investimento, coa inestimábel colaboración das axencias de cualificación do risco, a base de especular coa débeda pública están a xerar unha enorme burbulla que está levando a moitos Estados a unha situación límite, provocando a intervención e o “rescate” (un novo préstamo, máis débeda) dos mesmos, por parte da UE e o FMI . Primeiro Greza, despois Islandia e Irlanda e agora tócalle a quenda a Portugal. Quen será o seguinte?

Estamos ante un roubo masivo á poboación, por parte da banca, co apoio do goberno, do PSOE e do PP, e a necesaria colaboración das centrais sindicais estatais. A banca recibe os cartos do Banco Central Europeo ao 1%, compra débeda pública ao 5, 6, 7%, ou ao que lle da a gaña, opten polo tanto unha marxes de beneficio espectaculares, leva aos Estados a unha situación límite e despois a mesma banca presiona aos Estados para que soliciten á UE e o FMI o “rescate”, é dicir, un préstamo que garanta que van poder pagar as débedas que teñen contraidas coa banca, especialmente a alemana e francesa. E dicir, un negocio redondo.

Para evitar caer nesta situación límite, a UE, o BCE, o FMI, é dicir, os portavoces da oligarquía financeira, esixen aos Estados novas reformas, novos recortes do gasto social, novas privatizacións. MÁIS E MÁIS E MÁIS NEGOCIO E BENEFICIOS PARA A BANCA E AS GRANDES EMPRESAS MULTINACIONAIS, á conta de recortar salarios, deteriorar os servizos públicos, precarizar as condicións de traballo, provocar desemprego, debilitar á clase traballadora.

Os que provocaron a crise financeira i económica, son os mesmos que especulan coa débeda pública, que presionan aos gobernos para que leven adiante todas cantas reformas lle interesan ou para que soliciten o “rescate” a UE, son os mesmos que en plena crise económica seguen tendo miles de millóns de euros de beneficio (máis de 46.000M€ no 2010), e son os mesmos que se reúnen co presidente do Goberno, o sr. Zapatero, para esixirlle contas e porlle novos deberes.

Despois da reforma laboral e a das pensións, agora CEOE, CCOO, UGT, están a cociñar a reforma da negociación colectiva, outra esixencia dos “mercados”, que ten como finalidade centralizala, apartala do control da clase traballadora, provocar máis división entre empresas e traballadores a hora de negociar as súas condicións de traballo, en definitiva debilitar a negociación colectiva como ferramenta de presión na man dos traballadores e traballadoras.

O capital financeiro, a través dos gobernos e institucións financeiras diversas, vai aproveitar a crise económica, e a nosa debilidade, para impor todas aquelas reformas e recortes de dereitos que sexan beneficiosos para os seus intereses. Compre pois, que sigamos adiante coa mobilización, coa contestación social e coa esixencia de políticas estruturais que senten as bases dun novo modelo económico e social favorábel ao intereses da clase traballadora.

POR UN POSTO DE TRABALLO. POR PENSIÓNS DIGNAS

POLO DEREITO A DECIDIR AS NOSAS CONDICIÓNS LABORAIS E SOCIAIS

CONTRA AS REFORMAS DO CAPITAL. POR UN NOVO MODELO ECONÓMICO E SOCIAL

PARTICIPA COA CIG NAS MANIFESTACIÓNS DO 1º DE MAIO:

Vigo: 12.00 horas dende o cruce da Doblada.

A Coruña: 12.00 horas dende a Praza de Vigo.

Pontevedra: 11.30 horas dende a Praza da Ferrería.

Ferrol: 12.00 horas dende a Avenida de Esteiro (local da CIG).

Santiago: 12.30 horas dende a Praza Roxa.

Lugo: 12.30 horas dende a Ronda da Muralla (edificio sindical).

Ourense: 12.00 horas dende o Pavillón dos Remedios.

Viveiro: 12.00 horas dende a Praza de Lugo.

Ribeira: 12.00 horas dende a Praza do Peixe.


Descarga o panfleto do 1º de maio

Descarga o cartaz do 1º de maio