Máis que CIG-Autonómica

A CIG sae á rúa contra as últimas reformas que precarizan as condicións laborais da mocidade, dificultan as xubilacións anticipadas e o acceso ao subsidio a maiores de 55.

A tarde do 11 de abril realizamos concentracións en todas as cidades para manifestar o noso rotundo rexeitamento ás últimas reformas aprobadas polo goberno de Mariano Rajoy. Medidas que precarizan as condicións laborais da mocidade; que dificultan as xubilacións anticipadas e que endurecen as condicións para acceder ao subsidio a maiores de 55 anos. O PP prepara unha nova batería de reformas que pretende aprobar no Consello de Ministro do 26 de abril, contra as que “haberá que preparar novas mobilizacións, sen descartar a convocatoria dunha folga xeral antes do verán.

A CIG convoca concentracións en cidades e vilas de toda Galiza este xoves, día 11 de abril, para manifestar a oposición da central sindical ás reformas aprobadas polo goberno no último mes. Reformas como o decreto para a contratación da mocidade (minijobs); a autorización ás mutuas para dar altas de enfermidade; a das pensións anticipadas, voluntarias ou forzosas e o recorte do dereito ao subsidio para maiores de 55 anos, que provocarán máis pobreza e discriminación entre a clase traballadora.

So pretexto de favorecer a contratación de menores de 30 anos o Goberno de Mariano Rajoy autoriza, con carácter xeral, a contratación de menores de 30 anos con salarios inferiores a 500€ e, en moitos casos, sen dereito á prestación por desemprego.

A cota sindical é un gasto deducible dos rendementos do traballo. Porén, nos datos fiscais que ten a Axencia Tributaria non aparece reflectido. Xa que logo, para facer efectiva a dedución das cantidades aboadas  neste concepto durante o ano 2012, tedes que modificar o borrador ou incorporalas ao recadro 011 da declaración do IRPF. Non é necesario achegar ningún xustificante.

Como todos os anos, a CIG porá a disposición da súa afiliación un servizo de asesoramento para realizar a declaración da renda. Consultade as datas e horarios deste servizo nos vosos locais comarcais. Toda a información necesaria sobre a Renda 2012 podédela atopar no seguinte enlace.

Está aberto o prazo para solicitar a prestación económica de pagamento único por fillas e fillos menores de tres anos, correspondente a 360 euros por cada crianza. Un ano máis, a Xunta volve excluír destas axudas ás persoas que o pasado ano presentaron a declaración da renda, aínda sen ter a obriga de facelo.

Poderán beneficiarse desta prestación aquelas aquelas persoas que teñan fillas ou fillos menores de tres anos o 1 de xaneiro de 2013 (nacidas/os entre o 2.1.2010 e o 1.1.2013, inclusivos) que, durante o ano 2011, nin elas nin ningún membro da unidade familiar estivesen obrigados a presentar a declaración polo imposto sobre a renda das persoas físicas correspondente a este período, nin a presentasen de xeito voluntario aínda sen estar obrigados a iso.

O prazo de solicitude é de 40 días naturais (até o vindeiro 11 de maio).

Somos conscientes de que faltan contidos, como documentos de descargas e imaxes da galería, e que hai cousas que corrixir: pedímosche un pouco de paciencia e paseniño correxiremos erros e engadiremos contidos. Mentres tanto, seguirá activo o antigo web, en http://autonomica.cigadmon.gal/sitio2009

Neste web hai cambios importantes: comezamos a nosa presenza nas redes sociais (facebook, twitter e google+), habilitamos a opción de comentar as novas que publiquemos, distribuimos a información en distintas columnas segundo o seu ámbito e importancia. Na parte inferior do web poderás ver os distintos eventos dos que teñamos coñecemento, como manifestacións, concentracións .. para que poidas participar máis activamente.

De entrada, convidámosche a participar comentando esta nova que estás a ler (lembra que primeiro debes rexistrarte, e logo preme no título desta nova para abrir as opcións de comentar).

Berta Castaño, delegada da CIG na Fundación para o Fomento da Calidade Industrial, recibiu o Premio 8 de marzo por parte da Secretaría da Muller da CIG. Un premio máis que merecido que recoñece a dignidade e valor de Berta ao facerlle fronte a unha situación de acoso continuado que pretendía doblegala a ela e por extensión ao resto dos/as traballadores/as.

Ser candidata e logo delegada da CIG, ao igual que outros/as compañeiros/as, non é doado na Fundación, e por iso tivo que soportar un clima laboral hostil, o despedimento mentras estaba embarazada, o acoso constante. Pero lonxe de desfalecer mantívose en pé, e por iso que vaia o recoñecemento de todos/as nós para todos os/as compañeiros/as que sofren estas prácticas e moi especialmente para Berta, pola súa actitude de loita que nos dignifica a todos/as.

Emprego, dereito á negociación colectiva e dereito á soberanía nacional son os tres grandes eixos arredor dos que a CIG conmemora este ano o 10 de Marzo, Día da Clase Obreira Galega. Con este motivo, convocaranse manifestacións, o vindeiro domingo en todas as cidades, a central en Ferrol, baixo o lema “Contra a pobreza e a explotación. Salvemos os nosos convenios”.

Xunto a isto e coindicindo co 8 de marzo, Día da Muller Traballadora, relizaremos diversos actos na defensa dos intereses e dos dereitos das mulleres.

Calendario de actos programados

Esta privatización xa tentara levarse a cabo na época do Goberno Aznar. As competencias de inspección sanitaria da Xunta de Galiza e a Consellaría de Sanidade quedarían en mans das Mútuas.

O Real Decreto que está sendo elaborado polo Goberno sobre o control dos procesos por incapacidade temporal nos primeiros trescentos sesenta e cinco días da súa duración, está orientado a que as Mutuas de Accidentes de Traballo e Enfermidades Profesionais da Seguridade Social (MATEPSS), sexan as que dirixan esta prestación e actúen como autoridade de control , ignorando as propias competencias do Servizo Galego de Saúde.

As Mutuas de Accidentes de Traballo son entidades formadas por asociacións de empresarios que teñen a consideración legal de carácter público, e con este RD ábrese a porta a que sexa o inicio da privatización da asistencia sanitaria dos traballadores como, no seu momento fixo a Lei 15/1997, de 25 de abril, sobre habilitación de novas formas de xestión da Sanidade Pública: Fundacións Sanitarias, contratos de colaboración Público-Privado, etc. 

Os recortes orzamentarios decretados polo goberno do PP, e que foron definitivamente aprobados na sesión plenaria deste martes, abocarán á privatización de servizos públicos, rebaixarán as condicións laborais e salariais do seu persoal e deteriorarán a atención que reciben as usuarias e usuarios. Así o denuncia a CIG e así o denunciaron tamén, ante un Parlamento literalmente tomado por efectivos antidisturbios, centos de empregadas e empregados públicos que participaron na concentración convocada pola Plataforma Galega en Defensa dos Servizos Públicos.

Desenvolveranse ás 19:00 horas nas sete cidades galegas en rexeitamento aos orzamentos da Xunta para 2013

A Plataforma Galega en defensa dos Servizos Públicos ten convocadas mobilizacións para o xoves, día 21 de febreiro, ás 19:00* horas nas sete cidades galegas para manifestar o seu rexeitamento a uns orzamentos que poñen en perigo os servizos públicos, promoven a supresión e despedimento de persoal e deterioran as súas condicións laborais e económicas.

Lugares das mobilizacións