Máis que CIG-Autonómica
O Goberno español do PP aproveitou o último Consello de Ministros do ano 2011, celebrado o pasado 28 de decembro, para aprobar o desenvolvemento da reforma das pensións tramitada polo PSOE que eleva a idade de xubilación até os 67 anos. A nova normativa establece un período de transición no que se incrementará de xeito progresivo até 2027 e fixa o cómputo para o acceso ao cobro da prestación en 25 anos.

12-12-27 Area publica 001 A Área Pública da CIG considera “indecente” que se presente como un “recoñecemento” ao seu esforzo a posibilidade de solicitar un anticipo da paga extra de xullo en xaneiro.

Mentres Feijoo se reunía co seu goberno no Consello da Xunta, traballadoras/es do sector público concentrábanse en San Caetano, para manifestar a súa oposición ao novo recorte que se aplicará nos seus salarios en 2013.

Éxito rotundo da folga xeral. Mobilizacións multitudinarias en todas as cidades e vilas.

Unha vez máis os traballadores/as galegos/as conseguimos exitosamente ser capaces de mobilizarnos e plantarlle cara as medidas regresivas do Partido Popular cunha folga xeral que en Galiza tivo unha incidencia das máis altas do Estado español.

Non so a folga é a medida desta expresión de rexeitamento ás políticas do goberno, senón que as manifestacións que percorreron todo o pais, foron a mostra de que os traballadores/as non imos asistir pasivamente a este naufraxio políticamente programado da economía e dun sistema de dereitos sociais que tardamos anos en conseguir.

A folga cunha participación masiva deixa constancia da oposición popular a estas políticas. Participación, polo demais activa por parte de todos os sectores sociais que souberon comprender a nocividade das políticas do PP e a necesidade de mobilizarse e tomar as rúas.

O forGA vén de lanzar a nova Oferta Formativa Subvencionada (Intersectorial) de cursos da convocatoria 2012-2013.

Cursos2012 Os cursos da plano Intersectorial están dirixidos preferentemente a traballadores e traballadoras en activo de todos os sectores produtivos, aínda que tamen existe un cupo de prazas que poden ser destinadas a traballadores e traballadoras en situación de desemprego. Do mesmo xeito, cabe a posibilidade de que un reducido número de prazas poidan ser dirixidas a traballadores e traballadoras da Área Pública.

A Consellería de Traballo e Benestar, como entidade subvencionadora, xunto co Goberno do Estado, nun ano tan difícil para o emprego como o 2012, reduciron os orzamentos destinados á formación nunha porcentaxe aproximada do 75% a respeito da dotación de 2011.

Acusan os gobernos do PP de privatizar o público e laminar a universalidade desacreditando o seu labor

12-10-15ManiAreaPublicaACoruña007Empregados e empregadas públicas percorreron as rúas das cidades galegas para denunciar as consecuencias das políticas neoliberais impostas polo PP nos gobernos central e galego. Ensinantes, persoal sanitario e traballadores/as das administracións que se mobilizaron atendendo á convocatoria da Plataforma en Defensa dos Servizos Públicos, na que están integradas CIG; CCOO; UGT; CSI·F; CESM; OMEGA; SATSE; USAE; STEG; ANPE; USO; USTG; CGT; STAJ; SIAT; ACAIP; CEP; UFP; AUGC e UniónGC, para reclamar a preservación de servizos públicos esenciais como o Ensino, a Sanidade ou a protección á dependencia e unha atención igualitaria, solidaria e universal, para toda a cidadanía.
Ao remate das mobilizacións deuse lectura ao seguinte manifesto:
Convocadas pola Plataforma Galega en defensa dos Servizos Públicos

A Plataforma Galega en Defensa dos Servizos Públicos, da que forma parte a Área Pública da CIG (CIG-Ensino, CIG-Administración e CIG-Saúde) fai un chamamento a participar nas manifestacións convocadas en todas as comarcas para manifestar o rexeitamento ás políticas antisociais e regresivas que vén aplicando o PP, tanto para os servizos públicos, en xeral, como para a destrución de emprego público en particular. Medidas que constitúen un ataque sen precedentes aos dereitos individuais e colectivos das galegas e galegos, pero tamén das empregadas e empregados das distintas administracións públicas.
As horas e lugares de saída das manifestacións previstas son:

A crise política e de valores do PP faise patente no inicio da campaña eleitoral en Ferrol. Os nervos a perdar o poder fanlle amosar o seu verdadeiro rostro.

{youtube}trevoCwJXSI{/youtube}

A CIG denuncia a carga policial e a detención e torturas padecidas polo compañeiro Xesús A. López Pintos, responsábel da central sindical na comarca de Ferrol. Estas actitudes, veñen demostrar a política represiva da que se vale o PP para acalar e reprimir todas aquelas voces que se levantan contra as súas medidas antisociais e antiobreiras.

Esta foi a secuencia dos feitos:

2012 10 04 ManiParemosPPVigo01

Arredor de 50.000 persoas, e a pesar dos intentos de impedilo do PP, participaron nas manifestacións convocadas pola Confederación Intersindical Galega nas sete cidades galegas, Vilagarcía e Foz, para amosar o se rexeitamento ás políticas de recortes e axustes que están a aplicar os Gobernos do Partido Popular na Xunta e no Estado.

A Gabinete Técnico Confederal da CIG publica a avaliación sobre o Proxecto de Regulamento Específico dos Procedementos de Despedimento Colectivo do persoal laboral ao servizo das administracións públicas. Descargar estudo

O obxectivo desta regulación non é outro que consagrar como algo normal, e non excepcional, o despedimento do persoal laboral das administracións públicas, prohibindo ademais que se tomen outras medidas de menor dano como a suspensión ou redución de xornada. Na práctica vulnérase a negociación colectiva, exclúese a lexislación laboral e os convenios e acordos pasan a ser papel mollado en todo o que se refire ás condicións do emprego, incluída a extinción do contrato de traballo.

12-09-19 Pitada Rueda2 Traballadores e traballadoras dos xulgados de Vigo recibiron, na mañá do mércores 19 de setembro, cunha sonora pitado e berros contra os recortes dereitos laborais e nos servizos públicos, ao Conselleiro de Xustiza, Alfonso Rueda, durante o acto para formalizar a existencia do centro de mediación familiar.

O persoal acompañou ao titular do departamento autonómico durante a súa chegada e percorrido até a sala de reunións onde ía  ter lugar o acto, até que finalmente se ameazou aos traballadores co desaloxo por parte da policía.