Máis que CIG-Autonómica

UGT, CCOO e CIG mobilizaranse o vindeiro día 19 nas principais cidades e vilas galegas

Diante das graves medidas que vén de adoptar o Goberno, as tres organizacións sindicais CIG, CCOO e UGT acordamos convocar conxuntamente manifestacións cidadás o vindeiro xoves, día 19 de xullo, nas principais cidades e vilas galegas que discurrirán baixo o lema “Non ao saqueo do pobo. Hai que impedir que nos arruínen”. O acto central, ao que acudirán os secretarios xerais dos tres sindicatos, será en A Coruña.

Todas as medidas están dirixidas a recortar, unha vez máis, dereitos e precarizar as condicións de vida e de traballo da maioría social, para que finalmente sexan as clases traballadoras quen paguen unha crise que non provocaron, ao tempo que se protexen e benefician os intereses de banqueiros, especuladores e defraudadores.

Despois das primeiras reacións en forma de concentracións máis ou menos expontáneas, o xoves, 12 de xullo, as distintas organizacións da área pública galega xuntáronse para facer unha valoración conxunta e estabelecer un calendario de mobilización de mínimos.

Todas as organizacións sindicais valoran os recortes como un ataque ao conxunto do persoal das administracións e aos propios servizos públicos. Na xuntanza celebrada na mañá do xoves, 12 de xullo, en Compostela, as organizacións sindicais da área pública (Ensino, Sanidade e Administración) acordaban a convocatoria de mobilizacións conxuntas, inicialmente para os días 13, 19, 26 e 30 de xullo, diante dos centros de traballo de toda Galiza. Xunto a estas, a CIG convoca para o vindeiro 19 de xullo, ás 20:00 horas, manifestacións-cazoladas en todas as comarcas.

A CIG e o resto das organizacións sindicais denunciaron as formas da convocatoria, con menos de 48 horas de antelación, que se fixera o anuncio antes de pasar pola mesa e que non se lles dera documentación ningunha

As organizacións sindicais con representación na mesa xeral de Negociación das Administracións Públicas abandonaron a xuntanza antes do seu comezo para manifestar o seu rotundo rexeitamento ás medidas anunciadas esta mañá no Congreso dos deputados polo Presidente do Goberno, Mariano Rajoy. En Galiza, está convocada para este xoves unha xuntanza na que as organizacións sindicais analizarán estas medidas e tratarán de acordar un posicionamento conxunto ao respecto.

Desde a Área Pública da CIG, explícase que dez minutos antes da hora fixada para a realización da xuntanza da mesa xeral de Administracións Públicas, foron recibidos polo Secretario de Estado de Administracións, Antonio Beteta. “Alí mesmo manifestamos o noso rexeitamento ás medidas propostas e denunciamos as formas da convocatoria, o ataque sistemático ao que se someteu ao persoal da administración nestes últimos días e ao feito de que se fixera o anuncio das novas medidas sen pasar previamente pola Mesa de Negociación”.

A Área Pública da CIG considera unha "indecencia" as medidas anunciadas por Rajoy no Congreso.

A Área Pública da CIG considera que as medidas anunciadas esta mañá por Rajoy supoñen un atentado gravísimo contra as condicións laborais e salariais dos empregados e empregadas do sector público. Denuncia que favorecen a destrución de emprego e dos servizos públicos e chama ao persoal do sector a concentrarse diante dos centros de traballo, para amosar o seu máis rotundo rexeitamento a este novo ataque, coincidindo coa celebración do Consello de Ministros do vindeiro venres. A central sindical ten convocada para este xoves, ás 11:30 horas, unha comparecencia de prensa na que se avaliará estas medidas, no seu conxunto, e anunciará a convocatoria de mobilizacións.

Ante as informacións nas que se especula con que o goberno tamén está barallando a posibilidade de eliminar a paga extra dos empregados e empregadas do sector público, a CIG manifesta a súa frontal oposición a que sequera se prantexe esta posibilidade que consideramos “inaceptábel” de todo punto de vista. Fronte a isto denunciamos que se está intentando facer pagar ao persoal do sector público a nefasta xestión económica de gobernos irresponsábeis que favoreceron un modelo baseado na especulación e no enriquecemento duns poucos a custo da maioría da sociedade.

2012 01 07 ManifaSaqueoVigo01 A CIG volveu mobilizarse unha vez máis para rexeitar as políticas que se están a aplicar dende a UE porque non permiten a recuperación económica e, ao mesmo tempo, para reclamar que se depuren as responsabilidades políticas e penais dos causantes da crise e dos promotores do rescate bancario.

Dende a CIG denunciamos que a inxección de milleiros de millóns de euros ao sector financeiro español supón un auténtico saqueo á clase traballadora, que será a que en última instancia teña que afrontar a súa devolución. O capital non presta cartos a cambio de nada; a débeda privada ao final vaise converter en débeda pública.

2012 06 19 CartazzParemosSaqueoManifasCampaña de mobilizacións contra a estafa do rescate. Infórmate das súas consecuencias

Manifestacións comarcais o 1 de xullo ás 12:00h

Lugares das manifestacións:

Paremos este saqueo á clase traballadora. Gobernos, banqueiros, promotores e especuladores: culpábeis

Ao mal endémico da perda do poder adquisitivo (un 22% nos últimos 10 anos) únese outros recortes de dereitos reflectidos nas diferentes leis de medidas e outros que están por chegar.

O Governo do Estado, aprobaba no Consello de Ministros do 27 de abril pasado a remisión a Bruselas dun Programa de Reformas para 2012, no que, baixo o suposto obxectivo da redución do déficit público, adiantaba unha batería de medidas en todos os ámbitos económicos (financeiras, fiscais, laborais, competitividade e administración públicas).

No que se refire ás Administracións Públicas presenta medidas de recortes sobre emprego público, sistema público de saúde, atención á dependencia, ensino, xustiza, seguridade social, e outros.

Convoca concentracións en todas as comarcas para o vindeiro venres, día 15 de xuño, e manifestación o día 1 de xullo.

A Executiva Confederal da CIG reunida este luns, acordou pór en marcha unha campaña de información, sensibilización e de mobilizacións ante o anuncio do rescate do sector financeiro por uns 100.000 millóns de euros. A campaña consistirá na convocatoria de actos nas empresas e na vía pública, xunto coa convocatoria de concentracións de delegados/as en todas as cidades o vindeiro venres, día 15 de xuño, e de  manifestacións nas sete comarcas de Galiza, o día 1 de xullo, para denunciar “o saqueo dos gobernos e da banca á clase traballadora”.