Máis que CIG-Autonómica

Os secretarios xerais da CIG, Suso Seixo e de ELA, Adolfo Muñoz, “Txiqui”, presentaron denuncia, perante a Sala do Penal do Tribunal Supremo, contra os ex presidentes do Goberno José María Aznar, José Luís Rodríguez Zapatero e Mariano Rajoy; os ex ministros de Economía Rodrigo Rato, Pedro Solbes e Elena Salgado; os ex gobernadores do Banco de España Jaime Caruana e Miguel Ángel Fernández Ordóñez e os administradores e xestores das caixas de aforro e entidades financeiras pola súa responsabilidade na crise, pola súa xestión e polas graves consecuencias que tiveron as medidas adoptadas para o conxunto da poboación.

As centrais sindicais CIG e ELA consideran que máis alá das eventuais responsabilidades dos xestores das entidades financeiras, que malia ser ‘axudadas’ con diñeiro público teñen un  marcado carácter privado, existe unha regulación financeira estatal nun organismo de dereito público, o Banco de España, que ten encomendado o labor de supervisión do sistema financeiro que consideran que non se exerceu e que "contribuíu a un evidente deterioro da banca: por unha banda, unha acumulación de activos que non tiñan o valor que se lles estaba asignando e, pola outra, débedas con bancos estranxeiros que seguían valendo o que inicialmente se rexistrou".

A sección sindical da Fundación para a Calidade Industrial e o Desenvolvemento Tecnolóxico de Galiza responde así aos anuncios que fixo tras do Consello da Xunta.

Ante as declaracións do conselleiro de Economía e Industria realizadas este xoves, tras do Consello da Xunta, nas que se gababa da súa xestión a fronte do I+D, a sección sindical da CIG na Fundación para o Fomento da Calidade Industrial denuncia o particular “Record Guinness” do Conselleiro de Economía e Industria, Javier Guerra, polo despedimento de tres traballadoras en período de maternidade e por efectuar máis de 100 despedimentos nesta fundación pública que xestiona as políticas industriais e de innovación da Xunta de Galicia.

Só así se pode evitar que a consellaría de Educación faga un uso fraudulento das respostas de nais e pais para atacar unha vez máis a nosa lingua.

Correlingua en Vigo IVA piques de abrirse o prazo de matrícula no ensino Infantil, a CIG fai un chamamento a nais e pais para que seleccionen o galego como lingua da casa cando o centro escolar, por mandato da consellaría de Educación, requira esta información. A CIG considera que só reclamando aulas en galego se pode garantir que as crianzas sexan educadas na nosa lingua e poidan adquirir, no noso idioma, a mesma competencia que van adquirir en español.

Para a CIG, que xunto con outras entidades vén reclamando a normalización plena do noso idioma, o ensino require unha atención especial, xa que malia ser determinante o ambiente familiar para a configuración da lingua dunha persoa, tanto ou máis determinante é o ámbito escolar.


O vindeiro 17 de Maio, Queremos Galego, plataforma da que forma parte a CIG, convoca unha vez máis á cidadanía a participar nunha grande mobilización en defensa do galego, ante os ataques que está a sufrir desde o goberno de Feijoo, quen tendo como Presidente da Xunta mandato de defender, por en valor e difundir a nosa lingua, e promocionar a súa recuperación, incúmpreo reiteradamente, non só por desidia senón mesmo con accións dirixidas claramente á minimización e desprezo do galego

Non podemos ficar calados/as ante esta afrenta,

Afrontamos este 1º de Maio sumidos/as nunha profunda crise económica que afecta de forma moi directa á clase traballadora a través da perda de miles de empregos, redución de salarios, precarización das condicións de traballo, perda de dereitos, etc. As políticas económicas, sociais e laborais que está a promover o PP a través dos Gobernos español e galego, seguindo as directrices de institucións como o FMI, o BCE ou a Comunidade Europea, responden ao seu modelo ideolóxico de economía neoliberal e de defensa dos intereses da banca, dos especuladores e da oligarquía financeira.

Contra isto, a CIG chama á clase traballadora galega a participar nas mobilizacións convocadas en todo o país para reclamar emprego digno e rexeitar as medidas antiobreiras que se nos están a impoñer.

HORARIOS DAS DISTINTAS MANIFESTACIÓNS E CONCENTRACIÓNS:

A CIG presentará a primeira hora deste martes, 27 de marzo, para a súa tramitación polo procedemento especial de protección de dereitos fundamentais, un recurso contencioso-administrativo contra o decreto de servizos mínimos ditados pola Consellaría de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza da Xunta de Galiza, publicado no DOG do 26/03/2012. A central sindical considera que os servizos mínimos estabelecidos para a folga xeral convocada para o día 29 de marzo resultan abusivos e contrarios ao dereito fundamental de folga que recoñece o artigo 28.1 da Constitución. A CIG solicita así mesmo a suspensión cautelar do decreto. 

A CIG entende que con este decreto, procúrase unha “neutralización dos efectos do conflito mediante a asignación duns recursos de tempo e persoal absolutamente desproporcionados”, máis alá do que deben ser considerados servizos esenciais.

Na web da forGA está dispoñíbel un formulario para denunciar as empresas que presionan aos seus traballadores e traballadoras para que non poidan exercer o seu dereito á folga. Mediante este formulario podes deixar constancia das presións, coaccións, ameazas e advertencias que as empresas exerzan para que non se secunde a folga xeral do 29 de marzo.

O formulario, totalmente anónimo, está deseñado para recoller tanto denuncias de afectados e afectadas, como de calquera persoa que sexa coñecedora dalgún caso de manipulación e presión patronal, co obxecto de que non se saia á rúa en defensa dos seus dereitos o 29 de marzo.

Con todas as denuncias que se reciban farase un informe dirixido ao Parlamento de Galiza e aos Parlamentos do Estado e Europeo, así como ao Valedor do Povo.

Formulario de denuncia

Dentro da campaña de mobilizacións que a central nacionalista está a desenvolver de cara a Folga Xeral do 29 de Marzo

A CIG ten convocadas para hoxe, xoves 22 de marzo, concentracións simultáneas nas cidades galegas e en varias vilas do País en contra da agresiva reforma laboral aprobada recentemente polo PP e para aglutinar forzas de cara a dar unha contundente e masiva resposta na folga xeral do xoves 29 de Marzo.

O borrador do decreto contempla unha actividade mínima nalgúns servizos superior á estabelecida para as dúas últimas folgas xerais. A CIG rexeita a proposta de servizos mínimos presentada pola Xunta para a folga do 29 de marzo e advirte que interporá recurso.

A CIG trasladou esta mañá a súa total oposición á proposta de servizos mínimos presentada pola Xunta de Galiza para a folga do día 29 de marzo por considerala arbitraria, desproporcionada e falta de motivación. A central sindical entende que con este borrador de servizos mínimos non queda garantido o lexítimo exercicio do dereito á folga do conxunto do persoal que traballa para a administración galega. Por iso, a central nacionalista advirte que, de non producirse un cambio substancial, presentará recurso contencioso-administrativo.

Xa están dispoñibles na área de descargas da nosa páxina web, para que sexan accesibles desde a intranet da Xunta, os materiais informativos da CIG sobre a reforma laboral e a folga do 29M:


Os lugares de saída das manifestacións do 29M son os seguintes: