Máis que CIG-Autonómica

Pretende responder aos continuos ataques que están a padecer as traballadoras e traballadores das administracións.

A CIG-Administración presentou esta mañá a campaña que a partir de mañá se desenvolverá en todas as comarcas do país, pola dignidade do empregado/a público/a e en defensa dos servizos públicos. A campaña desenvolverase de forma transversal en todas as accións sindicais que, ao longo dos vindeiros meses defendan o sector público e rexeiten os recortes.

O obxectivo da CIG é, segundo explican, “subir a autoestima dos empregados/as públicos/as, facendo defensa de forma individual no posto de traballo dun lema colectivo: ‘Servizos públicos, si grazas’”.

A primeira mobilización está convocada para o venres día 9, ás 11:00 horas, diante do SERGAS

As organizacións sindicais CIG, CCOO, CSI-F, UGT, FEP-USO, SAE, CGT, SATSE e STAJ, reuníronse esta mañá para analizar e debater sobre as novas actuacións a levar a cabo, en relación ás mobilizacións de contestación á Lei de Medidas para o Emprego Público imposta polo goberno da Xunta do PP.

Na xuntanza acordaron levar ás reunións das Mesas Sectoriais que se convoquen, a partir de agora, para explicar a Administración a aplicación desta Lei, unha postura única de esixencia de información e documentación sobre a aplicación das medidas e rexeitamento das mesmas. É dicir, trasladar ás Mesas Sectoriais a mesma posición de unidade sindical que se tivo nas reunións previas de Mesa Xeral.
Participa nas mobilizacións que a CIG convoca por todo o país para denunciar a reforma laboral.

O 10 de marzo celébrase o día da clase obreira galega, na que se lembra os feitos de 1972 que levaron á morte a Amador Rei e Daniel Niebla, ademais dos máis de 40 feridos de bala, a mans da represalia franquista das protestas laborais de Ferrol. A súa loita, polas melloras nas condicións de traballo, que pagaron coa súa vida, non se pode esquecer e a mellorar maneira de lembrala e participar nas mobilizacións que están convocadas para rememoralas neste próximo sábado. Especialmente nestas datas nas que se está facendo o maior ataque aos dereitos da clase traballadora por medio dunha reforma laboral que bota por terra tantos anos de loita sindical.

Coincidindo con esta data, a CIG convoca a todos e todas os galegos e galegas a manifestarse polas principais cidades do país para denunciar a reforma laboral, aprobada por decreto polo goberno do PP e que supón o maior ataque aos dereitos laborais nas últimas décadas.

Concentracións o 8 de marzo, arredor das 12:00 horas, na Coruña, Lugo, Ourense, Vigo, Ferrol e Compostela. O domingo 11 de marzo, ás 12:00 horas, en Compostela.

A secretaría da Muller da CIG convoca para mañá mércores, 8 de marzo, Día Internacional da Muller traballadora, concentracións nas cidades da Coruña, Lugo, Ourense, Ferrol, Vigo e Compostela, para amosar a súa repulsa fronte a institucións, empresas e mutuas que vulneran os dereitos das mulleres. Terán lugar, todas, arredor das 12:00 horas.

A CIG critica a urxencia coa que o Goberno de Feijoo tramita o Proxecto de Lei, que se debaterá no Parlamento o vindeiro martes


O persoal dos servizos públicos de Galiza saíu á rúa, una vez máis, para rexeitar, xunto a moreas de galegos e galegas, o Proxecto de Lei de Medidas no Emprego público da Xunta de Galiza e en defensa do servizos públicos. E saíu á rúa, no solpor deste xoves porque, tal e como se recolle no manifesto ao que deron lectura ao remate, dos servizos públicos “dependen a gratuidade, a calidade e a universalidade da educación, da sanidade e uns servizos sociais que atendan ás persoas e desenvolvan a lei de dependencia”.

A CIG ven de elaborar un informe sobre o Real Decreto-Lei 3/2012, no que se recollen os termos da actual Reforma Laboral. Descargar aquí

Este Informe, publicado baixo o título “Apontamentos Comparativos e Comentados sobre a Reforma Laboral de Febreiro de 2012, se compón de sete apartados nos que se comparan os contidos da anterior normativa e a recentemente aprobada sobre esta materia:

Denuncia que o PP “prégase ás demandas da banca e da grande patronal”
A Confederación Intersindical Galega considera que todas as medidas recollidas na reforma laboral van dirixidas a flexibilizar e abaratar o despedimento e as condicións laborais e proporcionar man de obra barata á patronal. A reforma pretende ademais debilitar a negociación colectiva, dividir aos traballadores e individualizar as relacións laborais. O secretario xeral, Suso Seixo, afirma que “vai provocar unha caída xeneralizada dos salarios, o empobrecemento da clase traballadora, máis desigualdades sociais e a exclusión social dos máis desfavorecidos”. Ante isto, a CIG considera que con todas as medidas que se veñen aplicando e agora con esta reforma laboral, a única resposta posíbel é a folga xeral.

Consideramos que as decisións políticas que se están tomando son claramente negativas para a clase traballadora porque os recortes do investimento público provocarán máis destrución de emprego e o deterioro dos servizos públicos; as medidas fiscais adoptadas nada teñen que ver coa reforma fiscal que sería necesario acometer.

A CIG acordou convocar concentracións de delegados/as para este xoves, 12 de xaneiro, diante das delegacións de Facenda da administración central para manifestar o seu rexeitamento ante as recentes medidas aprobadas, vía decreto. Tamén se convocarán asembleas e outras mobilizacións.

A redución do gasto público provocará máis desemprego e perda de calidade nos servizos públicos.

O goberno Rajoy anunciaba tras do Consello de Ministros toda unha serie de medidas, en materia económica, destinadas a reducir o gasto público en 8.900 millóns de euros. Para a CIG supón dar continuidade ás políticas que viña aplicando o PSOE, dirixidas unicamente a reducir o déficit público, a custo de empeorar as condicións de vida de pensionistas, traballadores que perciben o SMI, empregadas e empregados públicos ou persoas dependentes. Alén diso, non introduciu nin unha soa medida para combater a especulación coa débeda pública, nin para estimular a economía e a creación de emprego.

Demandan uns servizos públicos galegos, sen recortes, sen privatizacións e sen copagos

As Federacións da Área Pública da CIG (Administración, Saúde e Ensino) concentráronse esta mañá diante do Parlamento de Galiza para manifestar o seu rexeitamento ás medidas de recorte na función pública contempladas nos orzamentos de 2012, que pretende aprobar hoxe o goberno do PP. Denuncian que os orzamentos reducen, unha vez máis, os salarios dos empregados/as públicos/as e destrúen o emprego público co conseguinte deterioro dos servizos públicos, mentres se consolidan privilexios do persoal directivo e altos cargos. Fronte a iso, demandan uns servizos públicos galegos, sen recortes, sen privatizacións e sen copagos.