Máis que CIG-Autonómica

A redución do gasto público provocará máis desemprego e perda de calidade nos servizos públicos.

O goberno Rajoy anunciaba tras do Consello de Ministros toda unha serie de medidas, en materia económica, destinadas a reducir o gasto público en 8.900 millóns de euros. Para a CIG supón dar continuidade ás políticas que viña aplicando o PSOE, dirixidas unicamente a reducir o déficit público, a custo de empeorar as condicións de vida de pensionistas, traballadores que perciben o SMI, empregadas e empregados públicos ou persoas dependentes. Alén diso, non introduciu nin unha soa medida para combater a especulación coa débeda pública, nin para estimular a economía e a creación de emprego.

Demandan uns servizos públicos galegos, sen recortes, sen privatizacións e sen copagos

As Federacións da Área Pública da CIG (Administración, Saúde e Ensino) concentráronse esta mañá diante do Parlamento de Galiza para manifestar o seu rexeitamento ás medidas de recorte na función pública contempladas nos orzamentos de 2012, que pretende aprobar hoxe o goberno do PP. Denuncian que os orzamentos reducen, unha vez máis, os salarios dos empregados/as públicos/as e destrúen o emprego público co conseguinte deterioro dos servizos públicos, mentres se consolidan privilexios do persoal directivo e altos cargos. Fronte a iso, demandan uns servizos públicos galegos, sen recortes, sen privatizacións e sen copagos.

O mércores 21 de decembro, ás 11:30 horas, diante do Parlamento de Galiza

As federacións da área pública da CIG (Administración, Saúde e Ensino) veñen de anunciar a convocatoria dunha concentración de delegados/as ante o Parlamento de Galiza o vindeiro mércores día 21 de decembro, ás 11:30 horas, para manifestar o seu rexeitamento a uns orzamentos restritivos, que consolidan os recortes de servizos públicos e que afondan na rebaixa das retribucións dos/as traballadores/as do sector público.

Queremos Galego convoca para este sábado ás 17.00 h unha concentración cidadá na praza do Toural (Santiago de Compostela) na que se esixirá  o cesamento do Valedor do Pobo e do conselleiro de Educación, que deu amparo á censura dun libro de texto por dicir que "o galego é a lingua propia de Galiza"

Participa e remite o teu escrito de protesta:

Queremos Galego convoca mobilizacións e outros actos de protesta en rexeitamento do ditame supostamente favorábel á retirada dun libro de texto escolar por reproducir que “o galego é a lingua propia de Galiza".

A plataforma cidadá Queremos Galego, integrada por máis de 700 entidades sociais de diferente tipoloxía, entre elas a CIG, convoca para esta quinta feira (xoves) 15 de decembro ás 11.30 da mañá unha concentración diante da sede do Valedor do Pobo, en Santiago de Compostela.

O motivo da convocatoria é protestar pola resolución do Valedor de instar, tal e como recollían onte algúns medios de comunicación, á retirada dun libro de texto da materia de Coñecemento do Medio que reproduce literalmente o artigo 5.1 do Estatuto de autonomía: “O galego é a lingua propia de Galiza”.

A mobilización rematará cunha manifestación nacional o día 3 de xullo

http://marchapoloemprego.galizacig.com/

A Marcha galega polo emprego que organiza a Confederación Intersindical Galega rematará cunha manifestación nacional en Santiago de Compostela o vindeiro 3 de xullo. Días antes os participantes patirán das distintas comarcas para percorrer a pé a distancia até a capital de Galiza. Consulta a continuación os lugares de saída, as datas e os horarios.

Lugares, datas e horarios de saída:

Polo seu interese, en canto a que pode server de exemplo para a Administración Xeral da Xunta de Galiza, difundimos unha nota de prensa da plataforma SOS-Sanidade Pública, referente á diversas privatización no SERGAS, como os procesos selectivos, xestión orzamentaria, ..

Núñez Feijoo, presidente da Xunta de Galicia non espera ao 23 de maio para avanzar na privatización da sanidade pública galega, a pesares das súas mensaxes de non privatizala. O SERGAS a través dun prego de cláusulas ao que tivo acceso a Plataforma da Defensa da Sanidade Pública, abre a porta á contratación privada da xestión económica e á xestión dos procesos de oposicións do seu persoal.

1º de Maio: Polo emprego, non ás reformas do capital. Defendamos os nosos dereitos

A Confederación Intersindical Galega celebra o Día Internacional da Clase Traballadora con nove manifestación nas principais cidades do país, ademais de en Viveiro e Ribeira. A central nacionalista conmemora un novo 1º de Maio, nesta ocasión baixo o lema "Polo emprego, non ás reformas do capital. Defendamos os nosos dereitos", e anima á cidadanía galega a participar nas distintas mobilizacións que se celebrarán en Vigo, A Coruña, Lugo, Ourense, Pontevedra, Santiago de Compostela, Ferrol, Viveiro e Ribeira.

Ao abordaxe dos Servizos Sociais públicos botándolle un cabo á iniciativa privada.

Nestes últimos días, tanto o presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijoo, funcionario descastado, como a conselleira de Traballo, Beatriz Mato, hooligan da política de privatizacións na Xunta, veñen de facer declaracións aos medios na liña de desacreditar o traballo dos/as empregados/as públicos/as, os servizos públicos que se prestan a través da Administración da Xunta en xeral e da Consellaría de Traballo en particular, a eficiencia dos mesmos e a necesidade de tomar unha serie de medidas para corrixir esa situación de “desmadre”.

Arredor de 6.000 persoas -entre as que participaron uns 1.500 delegados e delegadas da CIG- manifestáronse polas rúas de Madrid na mobilización convocada polas organizacións sindicais nacionalistas vascas ELA, LAB, STEE-EILAS, EHNE, HIRU, a catalá CSC, a canaria IC e a CIG, baixo o lema “Polo dereito a decidir as nosas condicións laborais e sociais”. No interior, VIDEO da intervención íntegra de Suso Seixo, secretario xeral da CIG.