No día de hoxe, 28 de abril, a CIG tivo unha xuntanza co Director Xeral da Función Pública na que se trataron diversas cuestións, das que destacamos que se compromete a respetar todos os acordos acadados sobre os diferentes procesos selectivos negociados (por exemplo a promoción interna de funcionarios/as, da que informa que vai ir ao Consello da Xunta a vindeira semá), e confirmanos que a Asociación de Letrados da Xunta desistiu no recurso presentado respecto dos procesos de consolidación. Para rematar quedaron en achegarnos máis información a semá vindeira.