Conseguimos o compromiso verbal de que os acordos acadados van ser respetados e de que existe vontade de por en marcha os procesos selectivos, concursos e FAS. Compromiso que queda difuminado ao non haber un calendario nídio de desenvolvemento, aínda que o saber que mañan día 14 publicarán unha previsión é xa un avance ante tanta incertidume.  A CIG vai velar porque estes compromisos se materialicen en breve.

Oposicións Promoción Interna funcionarios/as

A Administración infórmanos que houbo que “desbloquear” os procesos tanto pola restricción do gasto como polo cambio de expediente á Consellaría de Facenda. Estanse a ultimar todas para saíren no DOG.

Aínda están a estudar as datas dos exames si van ser antes ou despois do verán. O que si teñen claro é que si non da tempo a facer todas antes do verán serán para despois. Mañán día 14 o saberemos.

Oposicións Libre e Consolidación

Están tamén a piques de nomear os tribunais para Libre e Consolidación.

TANTO DE PI COMO DE LIBRE E CONSOLIDACIÓN, O 14 DE MAIO A XUNTA PENDURARÁ NA SÚA PÁXINA WEB A PREVISIÓN DOS MESES NOS QUE SE REALIZARÁN OS EXAMES DA OEP 2008.

Acordo de mellora do emprego

  • Concurso de traslados laborais

Vaise a respetar a OEP do 2008 e vaise convocar o concurso de traslados de laborais, empezando polo grupo V. As previsións é que se fagan todos os procesos coordenados no tempo, Consolidación de Emprego, Concurso de Traslados e Oferta de Emprego.

  • Concursos de Traslados Xeral, corpos especiais e escalas

Tamén teñen intención, ainda que non aclaran cando, de convocar os concursos de corpos especiais e escalas e finalmente o Xeral de traslados.

  • Consolidación de grao

Van a poñer en marcha o proceso de consolidación de grao para o C1.

  • Mesa de negociación do grupo E

Trasmitímoslles a nosa petición de que se constitúa a Mesa de negociación do grupo E que xa tiña que estar en marcha dende o 2º semestre do 2008.

Acordo retributivo

En breve nos chamarán para negociar o reparto do 10% do 2009.

Sobre a negociación dun novo acordo retributivo deixan o tema en suspenso.

Organización e estructura da Función Pública

Pedímoslle que se constitúa a mesa recollida no acordo salarial do ano 2006 para a: funcionarización, carreira profesional e promoción dos empregados públicos, estructura de función pública, seguimento da temporalidade, xornada de traballo, etc....

Comprométense a crear unha comisión de estudo.

F.A.S.

Vaise publicar este mes.

Sentenzas trienios

Non van a abonar os trienios anteriores á entrada en vigo do EBEP, polo que o proceso rematará no contencioso-administrativo.

Persoal eventual e estrutura territorial

Manifestámoslle a nosa preocupación polos indicios de medre deste tipo de persoal, en especial nas delegacións territoriais.

Compostela, 13 de maio de 2009.