Con este encerro indefinido nas instalacións da Xunta en Vigo os representantes do comité queren tamén esixir a retirada da Lei de Medidas no Emprego Público aprobada polo Partido Popular ao entender que supón un ataque directo ás condicións de traballo de centos de persoas.

Segundo manifestan, a normativa penaliza o traballador/as que enferma; equipara os domingos e festivos cos días da semana; incrementa as horas de traballo, con quendas de até 10 horas seguidas; e impide a conciliación familiar e laboral ao permitir a modificación da xornada de traballo.

Así mesmo, salientan que as medidas non van supoñer aforro económico ningún e critican que a Consellería teña eliminado xa máis de 70 postos de empregos no conxunto do país, o que se está a traducir nun deterioro da calidade asistencial nos centros dependentes do departamento autonómico.