Inicio
Luns, 18 Marzo 2024

A CIG solicita que se volva a abrir o buzón de postos do concurso de corpos especiais

Despois dun breve prazo para formular alegacións, Función Pública pechou o buzón sen responder a máis da metade das alegacións sobre os postos.

De todas as alegacións formuladas pola CiG en relación aos postos do concurso de traslados de corpos especiais (inclusións, exclusións, etc) de máis da metade non temos resposta.

Hai que facer constar que cando nós alegamos por ter coñecemento de que determinados postos que non están no listado inicial deberían aparecer porque son vacantes, o que ...


Venres, 15 Marzo 2024

Que pasa coas gardas dos axentes do Servizo de Patrimonio Natural?

O Servizo de Patrimonio Natural en Ourense un ano máis queda sen periodo extraordinario ao comezo da tempada de pesca, e repetirá a tempada de caza sen reforzo do persoal. Do resto, a pesar das demandas de ampliación, seguen co periodo recortado de dous meses

Unha das tarefas fundamentais dos axentes ambientais que traballan no Servizo de Patrimonio Natural é a vixilancia e control das actividades de pesca fluvial e a cinexética, e para iso compre o reforzo coa ampliación horaria coas ...


Venres, 15 Marzo 2024

Segue o nepotismo de xefa territorial de Sanidade de Ourense

A CIG pide o cese da xefa territorial de Ourense da Consellería de Sanidade por repartir a dedazo os postos de nivel sen “as funcións” e sen mover ao persoal ao posto adxudicado

Na CIG-Autonómica denunciamos a situación que dende fai anos está a acontecer nesta xefatura e específicamente no Servizo de Inspección de Servizos Sanitarios de Ourense.

Neste servizo, a data de hoxe, están creados un total de 31 postos:

  • 3 xefaturas de sección (nivel 25)
  • 7 xefaturas de negociado (nivel 18)
  • 9 ...

Venres, 15 Marzo 2024

Xubilación anticipada para o persoal axente ambiental, XA!

A CIG insta a xubilación anticipada para o persoal das escalas de axentes ambientais á Xunta de Galiza e na Lei básica que se está a tramitar no Congreso dos Deputados/as

A CIG insta á Xunta de Galiza para que dea cumprimento do Acordo sobre as condicións de traballo dos axentes forestais e medioambientais de Galicia asinado coas organizacións sindicais CIG, CCOO e UGT o 11 de outubro de 2018 para que procedan a solicitude de implantación de coeficientes reductores para o persoal das ...


Xoves, 07 Marzo 2024

8 de Marzo: a Xunta de Galiza e o seu PLAN DE “IGUAL DÁ”

Este é o primeiro 8 de marzo no que o persoal da Xunta de Galiza vai contar cun Plan de Igualdade aprobado pola administración da Xunta e os sindicatos CCOO, CSIF e UXT, co voto en contra da CIG

Porque votamos en contra? Porque este Plan non recolle nin un mínimo de medidas que poidan mellorar a situación das traballadoras na Xunta de Galiza; porque asinar o Plan, tal e como se fixo, é unha oportunidade perdida de adoptar unhas medidas para conseguir avances reais en igualdade; porque non se ...


Martes, 05 Marzo 2024

Concurso de traslados: que pasa co do persoal veterinario da Xunta de Galiza? E do resto de escalas?

A Dirección Xeral de Función Pública négase a meter no concurso de corpos especiais, que se vai publicar este 11 de marzo, ao persoal veterinario pero non o xustifica nin dá razóns. A consecuencia é que xa temos ata tres promocións en destino provisional e máis de 700 compañeiros e compañeiras pendentes dunha mobilidade ou dun destino definitivo que nunca chega. 

Tendo en conta que segundo manifestou o Director Xeral de  Función Pública para todos os procesos selectivos as tomas de ...


Xoves, 15 Febreiro 2024

E as condicións de traballo do persoal non docente dos centros de ensino, "pa" cando?

O 12 de febreiro quedou aprobada unha nova modificación parcial da RPT de Educación co voto en contra da CIG e a abstención do resto das organizacións sindicais (CCOO, CSIF e UGT).

O voto en contra da CIG non é tanto pola RPT en si, se non que se debe a que para a xustificación de creacións e amortizacións de postos seguen a empregar os ratios da Circular do ano 1994 coa que non concordamos por considerala desfasada e que non se axusta á realidade dos centros e tampouco foi negociada en ...


Martes, 13 Febreiro 2024

Retiran os tempos de programación educativa e, temos que estar caladas?

O Consorcio exerce presión sobre as súas traballadoras ante a mobilización pola eliminación das titorías e tempo para a programación educativa

Ante a mobilización convocada pola CIG mañá 14 de febreiro ás 11 horas diante dos Servizos Centrais do Consorcio e Política Social en Compostela, o Consorcio de Igualdade e Benestar enviou ás familias e ás traballadoras unha carta comunicando que a información trasladada nos últimos días polas compañeiras de “non ter titorías é unha ...


Luns, 12 Febreiro 2024

Aprobado o Acordo de condicións laborais do persoal do SPIF

O Acordo de condicións laborais do persoal do SPIF foi aprobado na Comisión de Persoal do luns día 12 de febreiro

Despois dun tempo de loita e mobilización para conseguir a negociación real dun Acordo de condicións de traballo para os compañeiros e compañeiras do Servizo de Prevención de Incendios Forestais de Galiza (SPIF), a Administración convocara para o pasado 8 de febreiro unha primeira xuntanza coa que se iniciou un proceso negociador con Función Pública que, tras varias idas e ...


Luns, 12 Febreiro 2024

Aprobados os concursos de traslados de corpos xerais e de enxeñarías, arquitectura e ciencias

O luns 12 de febreiro quedaron aprobadas as bases dos concursos de traslados de corpos xerais e de enxeñarías, arquitectura e ciencias, os dous coa abstención de CIG. A publicación en DOG tardará unhas semanas, tempo no que aínda poderemos alegar ás prazas.

As bases destes dous concursos son case idénticas ás dos concursos dos últimos meses (incendios, axentes medioambientais, consumo e gardacostas). Pero nesta ocasión houbo un condicionante que impediu o voto favorable da CIG: a incerteza ...


Luns, 12 Febreiro 2024

O empobrecemento do persoal do Agacal

Nesta funcionarización expres que a Función Pública mete nunha mesa “multiasuntos” consolídade a discriminación salarial do persoal dos centros agrarios da Xunta.

Nos centros de AGACAL prometeron unha mesa de negociación de pluses no ano 2021, cando se aprobou tamén ás presas, a primeira relación de postos de traballo (RPT). 

Esta negociación finalmente non foi adiante a pesar de que logo das mobilizacións do persoal dos centros en maio de 2023, a Xerencia do Agacal e a Dirección Xeral da ...


É ben coñecido o discurso oficialista de que non hai cartos para manter os servizos públicos e polo tanto tampouco hai sitio para os empregados e empregadas públicos que os facemos posíbeis. Con este discurso estase desmontando os centros galegos de Benestar, se están xustificando recortes en Educación e Sanidade e polo tanto preparando o terreo para amortizacións coa xustificación de que o empregado público xa non fai falta, que sobramos. Pois ben, o que non están ocultando no discurso oficial é que si hai cartos, o que pasa é que ás persoas que os deberan poñer legalmente enriba da mesa non llos esixen.

El País destapaba este luns, 16 de abril, que o Consello da Xunta do pasado 24 de novembro do 2011 acordaba perdoar unha sanción de 3.055.841 € ao construtor Telmo Martín, ex-alcalde de Sanxenxo e deputado polo PP no Congreso. A Xunta conseguiu ocultar daquela o dito acordo na referencia pública do consello, mais non indefinidamente.

O técnico propuña unha sanción a Telmo Martín por construír un edificio que invadía deliberadamente o dominio público na praia de Silgar en Sanxenxo e vulneraba a Lei de costas. Porén, o daquela conselleiro de Pesca, López Veiga, e cun informe adicional “aclaratorio” feito pola Demarcación de Costas de Pontevedra resolveu non sancionar. Curiosamente esta Demarcación estaba dirixida daquela por José Antonio Rueda Crespo, ex-senador do PP, ex-vicepresidente da Deputación de Pontevedra e pai do actual conselleiro de Presidencia.  A base desta decisión, na que se ampara a Xunta para quitar a sanción, é un informe da xefa de costas (antiga xefa de persoal de Educación) que tamén estivo implicada nun caso en Sanxenxo por construír un chalet vulnerando a lei de costas e autoinformándose ela mesma positivamente.

Logo o caso foi levado ao Tribunal Superior de Xustiza de Galiza (TSXG) que ditaminou que o conselleiro non era competente. Razón pola que foi a Xunta a que tivo que validar o perdón. Esta validación foi recorrida o pasado 2 de abril tamén no TSXG. O que descoñecemos foron as razóns polas que a Xunta ocultou á opinión pública este perdón… aínda que as podemos intuír.

A CIG-Autonómica vén de esixirlle unha explicación ao Presidente da Xunta da dobre moral manifestada co seu discurso da austeridade por un lado e o perdón de sancións económicas a amigos de partido polo outro. A dobre moral que se agudizou nos últimos meses da creación da lei de medidas: primeiro coa negativa da Xunta a abordar a supresión de gastos inútiles, coa falta dunha progresividade fiscal ou coa propia evasión de impostos dalgún membro do seu partido (supoñemos que en breve se acollerá a amnistía fiscal aprobada polo goberno central).

Non podemos consentir esa actitude manifesta de precisamos quitarvos 80 millóns aos empregados públicos, precisamos amortizar postos de emprego público e precisamos recortar en servizos públicos porque non hai cartos cando a realidade é que hai cartos pero non queren pedirllos a quen legalmente debe achegalos.

Nota remitida aos medios

Descargar carta ao presidente

MEXAN POR NÓS E TEMOS QUE DICIR QUE HAI A CRISE