Co Boletín de servizos centrais do mes de maio de 2012 repartimos unha rifa para o sorteo duns ricos chourizos de Lalín en conmemoración do 15M.  Tal e como estabelecen as bases, a persoa posuidora do número que coincida coas tres últimas cifras ONCE do 15 de maio sería obsequiado con estas enxebres viandas.

Unha vez realizado o sorteo,  convidamos ás persoas que teñan como número da contraportada o rematado en 418 a contactar con nós para concertar a entrega dos premios en San Caetano. Estamos tentando contactar con algúns ilustres chourizos para oficializar o acto pero esixen demasiado pan.

Recordamos que se ben, os chourizos enriquécense cada vez máis co paso do tempo, o límite para reclamalos remata o 31 de maio.