No medio da concentración as traballadoras e traballadores públicos alí concentrados saíron do edificio da Xunta en San Caetano e se dirixiron á Avenida de Viguri para cortar o tráfico. O corte durou uns 15 minutos, tempo durante o cal non houbo ningún pitido por parte dos coches retidos; ao final rematouse cun aplauso, agradecemento á pacienda das persoas afectadas polo corte e o convite a secudnar as manifestacións da tarde

Contra as 11:30 comezou a concentración diante da cafetaría do edificio administrativo e desta volta se colou un váter polo que varias das traballadoras e traballadores botaron as follas do BOE no que se publicaron os últimos recortes e reformas lesivas para a cidadanía. Un acto non só de rexeitamento senón de convencemento de que iso é para o único que vai valer ese paquete de medidas.

Outra das sorpresas da concentración foi o "bombo de Rajoy", un bombo coa cara de Rajoy pegada no que un tras outro foron batendo as traballadoras e traballadores para desfogar o cabreo que lles produce.

A CIG valora moi positivamente a participación e resposta das traballadoras e traballadore públicos e, pese as datas, a participación foi das máis altas en concentracións semllantes de ámbito de centro de traballo. Foron moitas as persoas que se achegaron desde outros centros, incluíndo San Lázaro, Área Central, Salgueiriños ou o Gaias, así como traballadores do ensino. Estamos fartos, o medo foise e cada vez a participación é maior. De feito, entre o público ese día había até un director xeral  sumándose á ola imparábel de protestas contra a medida de Rajoy&cía.

Previamente, e nesa mesma mañá, en San Lázaro tivo lugar unha rondalla espontánea por dentro dos edificios administrativos de Sanidade e Traballo. Varias delegadas e delegados sindicais foron sacando das oficinas ás súas compañeiras e compañeiros e repartindo información dos actos para ese día. Durante a rondalla berraronse consignas xa famosas de "Mans arriba, isto é un atraco", "Non nos mires, únete" ou "Movámonos agora ou calemos para sempre".

Especial atención merece o detalle que se pecharan as portas da entrada principal de Sanidade, motivo polo cal as cámaras de TV non poderon recoller o momento e só se dispón desta grabación.