Fíxose público no DOG, a xornada de traballo de verán do persoal da Administración da Comunidade Autónoma de Galiza.

Establécese unha xornada de 6 horas continuadas de traballo, que se desenvolverá entre ás 08:30 horas e ás 14:30 horas, de luns a venres, durante o período abranguido entre o 23 de Xuño e o 23 de Setembro de 2009, ámbos inclusive.

Nas oficinas de rexistro e información, o horario establecido é de 08:30 horas a 14:30 horas de luns a sábados.