1.- Acordo de equiparación a Educación: Solicitou informe sobre a aplicación ao persoal que traballa en centros docentes da Cª do Mar, para coñecer o persoal afectado e o cálculo orzamentario.
2.- Refundición listas das categorías III-61 e III-17: Feita a xestión diante de Función Pública, informa que será efectivizada en Outubro.
3.- Acordo de Pluses: Ainda non teñen revisado o acordo ao que chegaramos co goberno anterior. O Comité entregóulle as RPTs de Medio Ambiente e Medio Rural, onde figura a adxudicación de pluses que evidencian as diferenzas salariais da nosa Consellería con respecto a outras. Hai persoal laboral que, coa mesma categoría, pode cobrar ata 249 euros brutos mais ao mes, o que parécenos discriminatorio e que hai que solucionalo.
4.- INTECMAR: Para a resolución dos temas internos do INTECMAR acordamos facer unha reunión conxunta coa representación e os responsabeis do Persoal da Xunta e do INTECMAR.
5.- Nova RPT: Reitera a intención da Consellería de sacala este ano.
6.- Pedimos que se solicite a apertura da lista da categoría I-10 debido á alta demanda que hai na Consellería destes postos.
7.- Negociación: Convocarase unha próxima reunión en Setembro.


En conclusión, seguen sen dar resposta a temas como o dos pluses que xa estaba negociado e foi estudiado durante dous anos.

Entendemos que a Consellería non pode excusarse na crise para non igualar o salario dos/as seus traballadores/as ao nivel do que xa teñen outras Consellerías.