• Técnico superior DCIF (I – 038): 2 praza no SPDCIF.
  • Conductor motobomba (IV – 033): XVI (4); XVII (6); XVIII (8); XIX (4)
  • Vixiante fixo (V – 10b): XVI (1); XVII (5); XIX (3).
  • Oficial 2º mecánico (IV-037): XIX (1)

Documentación a presentar:

  • Solicitude.
  • Fotocopia cotexada do DNI.
  • Fotocopia cotexada da titulación. Técnico superior (enxeñeiro de montes e carné de conducir B); Conductor motobomba (graduado escolar ou equivalente e carné de conducir C) ; vixiante fixo (certificado de escolaridade) e oficial 2º mecánico ( técnico en electromecánica de vehículos ou FP1º equivalente e carné de conducir B).

Méritos:

  • Servizos prestados na mesma categoria na Xunta de Galiza, noutras AAPP ou empresas privadas.
  • Cursos directamente relacionados coas funcións propias da categoria.
  • Coñecemento do idioma galego.

Prazo e lugar de presentación das solicitudes: Ata o día 9 de Xullo de 2009, ás 12:00 horas, nos distintos distritos forestais ou na sección de persoal do Departamento Territorial.Para calquera información sobre o proceso os interesados poden recorrer aos teléfonos 986805421-986805287-986805426 e ao de cada distrito forestal.Os aspirantes á categoria vixiante fixo deberán superar unha proba de agudeza visual. Por contra, aqueles aspirantes á categoria de Técnico Superior e Conductor/a motobomba a proba a realizar consistirá en subir e baixar dun banco de 40 cm de altura para os homes e de 33 cm para as mulleres, durante un período de 5 minutos. Os/as aspirantes ás categorías de técnico superior e condutor/a motobomba deberán acudir á realización da proba física provistos dun certificado médico oficial en vigor que acredite a idoneidade para a realización de traballos de prevención e defensa contra incendios forestais.As probas físicas e visuais terén lugar o día 10/07/2009 ás 09:00 horas no edificio Administrativo da Xunta en Pontevedra ( R/ Fernández Ladreda nº 43- planta baixa).