A Xunta de Persoal Funcionario da Xunta de Galiza na provincia de Pontevedra, quere expresar a súa solidariedade cos compañeiros Marcos Cadórniga, Carlos Alján e Carlos Búa, que van ter que ingresar en prisión por participar na folga do comercio de alimentación 2009.

Como órgano de representación dun colectivo de máis de 2.700 funcionarios e funcionarias desta provincia, enviamos un saúdo e ánimo a estes compañeiros que nunha situación de dificultade e loitando por un marco no que se regulen unhas condicións de traballo dignas para ese sector, son condeados mentres os responsabeis da crise seguen en liberdade.

Nun momento en que os empregados/as públicos/as estamos a sufrir tamén os recortes ditados polo capital financeiro e a patronal, faise necesaria máis que nunca a unión e a identidade na loita de todos os traballadores por outro modelo social, e faise máis necesario hoxe que nunca o apoio a estes compañeiros que, xenerosos, érguense na defensa dos intereses dos traballadores/as e son castigados por ese exercicio de dignidade.

POLAS LIBERDADES DEMOCRÁTICAS. NON Á REPRESIÓN!!

XUNTA DE PERSOAL FUNCIONARIO DA XUNTA DE GALIZA NA PROVINCIA DE PONTEVEDRA.