O Comité de Empresa de Traballo e Benestar da Coruña, considera que deben ser os propios traballadores e traballadoras os que manifesten a súa vontade por unha ou outra posibilidade. Con este fin convoca a un Referédum aos 800 laborais da provincia da Coruña, que prestan servizos en residencias de maiores, centros sociocomunitarios, centros de menores e CAPD. A consulta celebrarase o vindeiro xoves 14 de marzo de 2013, de 14,00 horas ata as 16,00 horas en centros de mais de 50 traballadores/as e nunha mesa itinerante que recorrera os demais centros de 9 horas a 13 horas.

O resultado da consulta vai ser trasladado á consellería de Traballo e Benestar para que coñeza a vontade maioritaria do persoal en canto a como deben ser compensados os días de traballo en domingos ou festivos, si con cartos ou en tempo de descanso.