Engádese a esta lamentable noticia que o Centro ten orden de non admitir reservas despois do 31 de marzo do presente ano polo que xa non falariamos da privatización senón do PECHE DO CENTRO, que soio funcionaría nos meses de xullo e agosto coa campaña de verán. Este é un ataque brutal ao noso sistema de benestar social, xa que co peche retrocederiamos uns corenta anos, aos tempos do "Generalísimo" cando no verán Gandarío acollía aos rapaces e Marina Española as rapazas nos campamentos que había naquelas épocas.

A día de hoxe están confirmadas reservas con varios grupos que suman uns 500 usuarios para estancias de 2 a 8 días, e a maiores están as convivencias de 1 día, e tendo en conta que todos os grupos pagan as taxas que marca a Xunta, consideramos que o peche é unha medida totalmente desproporcionada e sen xustificación algunha.

Este Comité de Traballo e Benestar, non pode aturar impasible esta terrible agresión, non soio aos traballadores do Centro (amortizanse 11 postos de traballo e os outros 12 poderían seguir o mesmo camiño a partires de setembro) senón a toda a sociedade (sobor de todo a que menos recursos posúe) xa que este peche representa que gran cantidade de asociacións, colexios, federacións deportivas, etc...non terán a posibilidade de utilizar unhas instalacións dignas a precios razoables. Por iso dende o Comité solicitamos o apoio dos usuarios deste Centro, dos cidadáns, do Concello, etc., para evitar este fatal desenlace.

Asemblea de traballadoras/es

As traballadoras e traballadores presentes na Asemblea criticaron con dureza ao actual Director do Complexo –Juan Carlos Alonso Cortés- e ao Director Xeral da Xuventude -Ovidio Rodeiro Tato- por preparar o peche do Albergue chegando a anular dous dos seus principais programas “ROTEIROS” e “AULA XUVENTUR” que se ían celebrar acollendo a un milleiro de mozas e mozos.

Criticouse duramente tamén a anomalía de que, e que pode chegar a cobrar 38.000 euros anuais, como Subdirector do Albergue ( DOG 29/09/2011), sen contar o que poda percibir pola súa antigüedade. E para colmo, esta figura ou posto de traballo, non aparece a “amortizar” pero sí, a Consellería quer destruir agora 11 postos de traballo ( 2 de Oficial 1ª de Cociña, 1 Oficial 2ª de Cociña, 1 Almaceneiro, 5 Camareiras/ros—Limpadoras/res) dos 21 postos de traballo que existen no Albergue.

Seguimos na loita

A Asemblea decidiu o próximo Calendario e as próximas Mobilizacións que serán o mércores 13 de marzo ás 12 horas diante da Xefatura Territorial Consellería de Traballo e Benestar da Coruña, e o sábado 16 cunha recollida de sinaturas no Feirón do pobo de Sada recabando o apoio cidadán. O Calendario segue co mércores 20 de marzo na que haberá outra Asemblea para decidir as próximas actividades a desenrolar pola defensa do Complexo. Mentres tanto xa estará en funcionamento nas redes sociais un Grupo de Apoio para que se manteña.