Con este proceder, os responsabeis políticos do control da pesca e marisqueo amosan unha grave falta de interese pola efectividade das súas obrigas. Pero ao tempo están a poñer en perigo a vida do persoal do servizo xa que un bote de rescate (unha zodiac) está pensada para pequenos desprazamentos e para situacións de emerxencia, non para oito horas de traballo separados a máis de 10 millas do buque nodriza, contratado coa empresa Remolcanosa.

Descoñecemos os manexes que poidan existir, porque o que a empresa Remolcanosa ofrece en realidade a cambio do diñeiro é un buque nodriza adaptado para a loita contra a contaminación que permanece tamén amarrado ao peirao, exercendo os seus botes de rescate o servizo de inspección e vixilancia pesqueira, tendo nas bases embarcacións habilitadas para facer dito servizo.

O órgano de representación dos funcionarios e funcionarias da Xunta de Galiza na provincia de Pontevedra, quere incidir tamén nunha nova privatización e a falsa austeridade de quen mentres mantén as lanchas propias amarradas ao peirao, contrata servizos cunha empresa privada, pon en risco a vida dos seus traballadores, e desatende as súas obrigas de vixiancia pesqueira.