1º.- Dende esta Central Sindical respéctanse as ideas de todas as persoas a nivel individual.

2º.- Cando este sindicato adopta acordos nos organismos, esta decisión debe ser respectada por todos os delegados/as que representan á CIG-Autonómica en calquera organismo ou mesa de negociación. Senón fora así estaríamos a falar de ser incoherentes cun dos principios básicos da CIG-Autonómica, que é o do asemblearismo.

3º.- Luis Vázquez Estévez, na actualidade é vicepresidente rotatorio da Xunta de Persoal, por acordo dos seus compañeiros e compañeiras da sección Sindical da CIG-Autonómica, xa que a presidenta da Xunta de persoal, tamén representante da CIG-Autonómica, está de baixa laboral e non dimitida. Polo tanto, este señor non é o Presidente da Xunta de Persoal dos Servizos Centrais de San Caetano.

4º.- Este Secretario Nacional non se puxo en contacto con Luis Vázquez Estévez para facerlle ningún tipo de presións nin acoso polas súas declaracións feitas nese xornal.

5º.- Se ese xornal non fai unha declaración pública rectificando estas acusacións, este Secretario Nacional tomará todas as medidas legais ás que ten dereito, tanto contra esa persoa como contra o medio de comunicación que lle da cobertura sen ter contratastado tal información..

Compostela, a 11 de febreiro de 2009

Asdo.: Manuel Gallardo Canitrot