Foron escollidos os domingos como días de Folga como símbolo do machaque que nos fai unha dictatorial Consellería de Traballo e Benestar que nos obliga a traballar dous fins de semana seguidos, un non, dous fins de semana seguidos, un non, ademais de xornadas de sete días consecutivos, tres noites seguidas..........mentres os Directores dos Centros e os seus Xefes teñen cómodas xornadas de luns a venres de 7.45 a 15.15, que son máis cómodas porque caseque todos entran bastante despois das 8.

Fixose un recorrido centro por centro:

  • Complexo xuvenil As Mariñas: Non hai ocupación e sen embargo poñen de servizo mínimo 1 oficial de cociña e 1 camareiro/limpador...a quen lle van dar de comer...ao director?

  • Centro Menores San Xosé de Calasanz: Mesmo persoal que de luns a venres, cando hai menos usuarios...as carteleiras 2013 son discriminatorias.

  • Complexo de Menores de Ferrol: Centro co que estamos de acordo nas carteleiras.

  • CAPD A Coruña: Non se xustifica o incremento de persoal en carteleiras, en domingos e festivos, e agora en servizos mínimos rebaixase o número de mínimos... entón que motiva poñelos en carteleira. O director mantén privilexios e discriminacións.

  • Residencia Torrente Ballester: As carteleiras de 2013 están establecidas de xeito caprichoso e inxustificado polo director O venres solo hai 1 ATS e sen embargo o domingo pon 2 en carteleira, menos persoal de mínimos que na carteleira de 2013, en auxiliares de enfermería e camareiros.

  • Residencia de Carballo: Establecense mínimos que corresponden a un domingo pola carteleira de 2013.

  • Residencia Maiores de Ferrol: Outro caso de imposición inxustificada a capricho do director con quendas discriminatorias e abusivas. Os mínimos do domingo para a Folga son menos que os fixados na carteleira do 2013 para un domingo, que razón existe entón para "engordar" as quendas do domingo...

  • Residencia de Oleiros: Nengun dos presentes entende o que fai este director...pero fai o que lle da a gana...1 médico de servizos mínimos cando nunca aparece en domingo no Centro... a coordinación de enfermería irá polo Centro cando lle veña ben sen especificar horario... no resto das categorias a discriminación e falta de xustificación é a norma a seguir, para non molestarse moito os mínimos son os da Folga do 20-N de 2012 que non foi en domingo precisamente... hai persoal de fin de semana pero a efectos do director nen existe nen debe ter dereitos...penoso.

  • Residencia de Pobra: Establecense mínimos que corresponden a un domingo pola carteleira de 2013.

  • Residencia Porta do Camiño: Os mínimos rebaixan o persoal que o director establece para traballar en domingo nas carteleiras de 2013, debe pensar que como non se compensa o traballo en domingos vanlle sair gratis as presencias por encima dos mínimos. Por exemplo para a Folga fixa 5 camareiros de mínimos e sen embargo na carteleira pon a traballar en domingo a 6 persoas, o mesmo en cociña 1 traballador pola maña nos servizos minimos e 2 na carteleria de 2013 e repite o abuso en ordenanzas, 1 ordenanza de maña en servizos minimos o día da Folga e por capricho 2 ordenanzas de maña de domingo nas carteleiras de 2013. Todo un desproposito e exemplo de mal facer.

  • Residencia Volta do Castro: Empezamos cun erro de apreciación da Directora...por copiar os servizos mínimos da Folga de 20-N sen mirar...pon de servizos minimos a persoal que nunca aparece un domingo polo Centro: 1 médico, 1 ATS coordinación de maña e 1 ATS  coordinación de tarde...hai que fixarse...o Subdirector de Persoal confirma o erro e pide que se borre a este persoal dos mínimos non vaia ser que teñan que ir o domingo a traballar...e a cousa continúa en ATS 1 traballador menos de mínimos que en domingo en auxiliares depende... pola maña menos, pola tarde mais, en camareiros outra liada en quenda de mañá dous traballadores menos que un domingo e pola tarde un camareiro mais... non se lle atopan explicacións a cousas tan dispares.

  • Dos centros sociocomunitarios non se asignan servizos mínimos, establecese que "alguen" vaia abrir e pechar o centro...e que non pase nada.



O comité de folga remata reiterándolle aos altos cargos de Traballo e Benestar que o conflicto coa convocatoria da FOLGA vén derivado pola actitude de imposición e renuncia dos directores a plasmar unhas carteleiras xustas e equilibradas, solo preocupados en manterse  na libre designación (a dedo) e non nun correcto funcionamento dos Centros.

Mentras non haxa modificación das carteleiras do 2013 o persoal de Traballo e Benestar vai seguir coa FOLGA. O obxectivo é evitar sete días de traballo continuado, dous domingos seguidos, discriminacións na mesma categoria, entre centros e sen ter en conta os dereitos e a conciliación da vida laboral e familiar, co progresivo deterioro da saúde e seguridade laboral dos/das traballadores/as. Na defensa dos servizos públicos, das prestacións que se dan e a pesar dos que queren "queimar" ao persoal laboral dos centros.

O comité queda á espera da publicación dos servizos mínimos prevista no DOG do venres 12 de abril para iniciar as accións oportunas e á espera tamén que Beatriz Mato, máxima responsable de Traballo e Benestar, teña algo de interes polo que está  pasando nas residencias de maiores, centros de menores, complexo xuvenil As Mariñas e CAPD e INSTE AOS DIRECTORES E XEFATURA TERRITORIAL DA CORUÑA A NEGOCIAR AS CARTELEIRAS DE 2013.