O Comité de Empresa non ten datos de porcentaxe de participación na Folga, pero non era este o obxectivo primordial da convocatoria (non buscamos penalizar aínda máis ao persoal laboral con días de desconto), que tiña como referencia denunciar a sobrecarga de traballo que supón impoñer quendas de traballo abusivas, inxustas e discriminatorias. Este finalidade queda demostrada; os domingos pode prestar funcións o persoal fixado como servizo mínimo e solo é unha imposición arbitraria e caprichosa incrementar con persoal a maiores os departamentos, retirando mesmo de luns a venres a persoal das quendas para "engordar" os domingos. Tampouco existe intención  por parte da consellería de Traballo e Benestar de ao contrario que si fai co persoal directivo, compensar con tempo de descanso o traballo en domingos e festivos.

O Comité de Empresa reitera a súa oferta de dialogo á conselleira Beatriz Mato para resolver este conflicto, que deteriora as condicións de traballo nos centros e supón un ataque ao dereito ao descanso do persoal laboral das residencias de maiores, centros de menores, CAPD A Coruña e complexo xuvenil As Mariñas.