SUPRIMENSE TODOS OS POSTOS DE TRABALLO DO PERSOAL QUE FACIA A TRAMITACIÓN E XESTIÓN DO PROCEDEMENTO DE DEPENDENCIA NESTAS DÚAS LOCALIDADES.

A Consellería de Traballo e Benestar quere eliminar os 15 postos de traballo do persoal que está a tramitar as axudas de Dependencia en Santiago de Compostela e do Equipo de Valoración de Discapacidades, persoal pertencente á Xefatura Territorial da Coruña e aos Servizos Centrais da Xunta. As oficinas ubicadas en Área Central en Fontiñas quedan desmanteladas coa supresión de 2 psicólogos, 6 asistentes sociais, 1 responsable progr. da Unidade de atención á dependencia e 6 auxiliares administrativos que levan dende o ano 2006 atendendo a máis de 20.000 persoas de Santiago de Compostela e comarca (Padrón, Melide, Ribeira, A Pobra,etc).

Así mesmo, tamén eliminan 6 postos de traballo do persoal que está a tramitar as axudas de Dependencia en Ferrol e 1 no Equipo de Valoración das Discapacidades, coa excusa da centralización en A Coruña. A Oficina presta atención a 240.786 potenciais usuarios/as ubicados en 31 concellos(das comarcas de Ferrol, Ortegal, Eume e Betanzos). 

En Ferrol, vanse suprimir 4 postos de Asistentes Sociais, 1 fisioterapeuta, 1 médico; o que se fai é destruír, principalmenmte, os postos de traballo relacionados coa parte técnica do procedemento de valoración de Dependencia. Non se teñen en conta nin as competencias do órgano de valoración nin dos técnicos de valoración e o volume de poboación atendida. A provincia de A Coruña é a mais poboada de Galicia (1.147.124 hab. distribuída en 94 concellos), mentres a provincia de Pontevedra (963.511 hab. distribuida en 62 concellos) con menor poboación e menor número de Concellos non se plantea a supresión dun dos seus órganos nin do número de técnicos de valoración que hai no seu territorio. Sin embargo na provincia de Coruña desmantelanse as oficinas de Ferrol e Santiago de Compostela.

A desaparición dos equipos de valoración e o traslado A Coruña dos expedientes suporá a eliminación da oficina da Dependencia en Compostela e Ferrol e supón ademais unha perda de axilidade, racionalidade e simplicidade na xestión das tramitacións de expedentes. Penalizase a un sector da poboación moi sensible e aos seus coidadores. A Administración non ten xustificación para alonxar a prestación de sevizos tan básicos dos seus posibles usuarios/as. Rematase coa proximidade ao cidadán e dificultase o acceso dos mesmos a unha tramitación axil e eficiente.

SERVIZOS PÚBLICOS E DE CALIDADE PARA TODAS AS PERSOAS NON SÓ PARA OS QUE OS POIDAN PAGAR.

POLA ACCESIBILIDADE DA DEPENDENCIA A QUEN MÁIS A NECESITA.

NON Á PERDA DE MÁIS SERVIZOS ADMINISTRATIVOS NA COMARCA de COMPOSTELA.