Desde o Comité de Traballo e Benestar de A Coruña destacan o desprezo amosado polo Goberno Municipal de Sada que votou en contra de que a moción presentada polo BNG fora declarada de urxencia, polo cal non puido debaterse. E hai que dicir que non puido debaterse porque o PP e o PSDS de Sada non quixeron debater un tema no cal non teñen argumentos xa que están defendendo pura e simplemente o que quer a Xunta de Feijoó que é aforrar diñeiro público a costa dos Servizos Públicos.