O Comité de Empresa denuncia a deixación de funcións da conselleira Beatriz Mato, descoñecedora absoluta da problematica dos centros de Traballo e Benestar, onde o persoal laboral esta a soportar unhas quendas de traballo abusivas e estresantes, que inciden negativamente na calidade das prestacións aos usuarios e isto sumado aos recortes orzamentarios para estes centros conleva unha situación de deterioro progresivo dos servizos públicos.
 
Beatriz Mato non se ocupa para nada de intentar solucionar os problemas formulados nas residencias de maiores, centros de menores e CAPD, e si se interesa por eliminar postos de traballo e privatizar servizos públicos aínda que estes supoñan despilfarro do erario público.
 
Coa xornada do 28 de abril rematan os 3 domingos de folga convocados polo Comité de Empresa, que vai a continuar coas mobilizacións e denuncias dunha situación que consideran de auténtica explotación laboral, co fin de defender os dereitos dos traballaodres e o mantemento da calidade dos servizos prestados aos usuarios destes centros.