O desemprego na maioria dos concellos da comarca incrementouse dende 2007 entre o 70% e o 110%

A nosa comarca depende fundamentalmente de tres actividades económicas: o emprego publico, á construcción e o sector turistico. Neste panorama os recortes de persoal e económicos nas administracións públicas, o colapso da "burbulla inmobiliaria" e a diminución dos ingresos provintes do turismo, -engadido o escasísima presenza histórica do tecido industrial- están a conducir á comarca ao abismo, xa que estes sectores arrastran outros como o comercio, o téxtil, o metal, a pequena hostelaría, ... De aí que nestes últimos tempos foran tantos os EREs, os despedimentos e as rebaixas de salarios e condicións laborais.

Aínda tendo en conta que as capacidades de lexislar en materia laboral por parte dos concellos non é moita, fronte ao anterior temos que constatar a case nula iniciativa dos gobernos municipais de cara a estabelecer medidas que revirtan esta situación ou medidas que servan para minimizar os seus efectos sobre as clases populares. Tamen é un dato constatabel que case ningún goberno municipal da comarca ten alzado a voz contra as políticas de recortes que sistematicamente se nos veñen impondo.

Mención aparte merece a situación de corrupción e colapso que se está a evidenciar no goberno municipal de Compostela, mais pendente de fuxir das responsabilidades penais que de adoptar medidas que reconduzan a gravísima situación que estamos a padecer.

Paralos e reverter esta situación depende de nós

Cando boa parte dos gobernos locais, galego, do estado ou institucións europeas están ao exclusivo servizo do gran capital financeiro, comportándose como auténticos monicreques da banca, aos traballadores e traballadoras e ás clases populares só nos queda, para defendérmonos, pasarmos á ofensiva na defensa dos nosos dereitos en todo os ámbitos, empezando pola rúa. O que queren é vernos na casa e que cunda o discurso derrotista de que non se pode facer nada.

Evento no facebook para compartir e difundir.

Manifestacións 12 de xuño:

  • Compostela, ás 20:00h, con saída da Praza Roxa
  • Ribeira, ás 20:30, con saída da Praza do Peixe