A Consellería do Paro e Malestar que dirixe Beatriz Mato da un paso decisivo no empeoramento das condicións de traballo de todo o persoal que traballa de luns a domingos en todas as Residencias de Maiores, Centros de Menores e Centros de Persoas Discapacitadas.


No caso do Centro de Atención a Persoas Discapacitadas A Coruña -ex Santiago Apóstol)- ten a peculiaridade que nun ano destrúeronse os postos de traballo de 5 Camareiras; 2 Oficiais de Mantemento; 1 Mozo, cando está aumentando o traballo ao ingresar novos usuarios. Isto agrávase estas semanas porque non se cubren as baixas -hai 3 Camareiras de baixa-; non se cubren as vacacións -hai 2 Educadores e unha Camareira de Cociña- e non se cubren as vacantes de 2 Oficiais de Mantemento, e todo isto cando acaban de entrar esta semana tres novos usuarios.


Dáse algo ilóxico, incomprensibel e absurdo. Os sábados e domingos traballan 7 persoas máis de atención directa que de luns a domingo, cando estas persoas con contrato de fin de semana xa terían que traballar con contrato de xornada completa polo que o traballo estaría mellor atendido, e non habería a brutal sobrecarga de traballo que hai actualmente.


Algo absolutamente inaceptabel é que aumentando o traballo que hai que facer na Cociña onde é absolutamente imprescindíbel unha Axudante de Cociña máis porque fanse as comidas do Centro de Menores San Xosé de Calasanz, non se contrate unha Axudante de Cociña por non gastar diñeiro público cando o gasto que supoñen o Director, a Xefa de Persoal, as dúas Responsabeis de Área é dez veces máis que o que supón o coste dunha Axudante de Cociña, e ademais cunha peculiaridade que o Comité quer denunciar de que a nova Responsábel de Área Residencial cobra plus de xornada partida cando fai xornada continua de 7.45 a 15.15.


O grado de explotación laboral que exerce a Consellería de Beatriz Mato sobre todo o Persoal que traballa de luns a domingos en todos os Centros de Maiores, Menores e de Discapacitados Intelectuais de toda Galicia é una explotación real porque estamos traballando dous fins de semana sí, un non, dous fins de semana sí, un non, e hai unha sobrecarga de traballo que imposibilita unha boa atención ás persoas dependentes que máis o necesitan, ao tempo que están aumentando o estres, o malestar.


Xa está ben desta política de explotación. Os traballadores que traballamos de luns a domingos non somos esclavos, e estamos soportando unha forte situación porque os turnos de traballo impiden unha normal vida de conciliación familiar. E agora esta Consellería do Paro e Malestar agrava non cubrindo as baixas, vacacións e vacantes.


BEATRIZ MATO, CONSELLEIRA DE TRABALLO E BENESTAR, NON SE FAI MÁIS CON MENOS, FAISE PEOR E A COSTA NOSA

BEATRIZ MATO, CONSELLEIRA DO PARO E MALESTAR, CUBRE AS BAIXAS, VACACIÓNS E VACANTES