Ante este desprezo esiximoslle a presenza do delegado territorial xa que fumos citados para entrevistarnos con él. A explicación que nos deu foi que “estaba moi liado”. Ao saír da sala atopámonos co escurridizo Tourís intentando sair da delegación no ascensor. Ante a recriminación feita por un dos nosos delegados pola tomadura de pelo que supón citarnos e non aparecer el respondeu cun “De que vas, chaval?”.

Isto constitúe unha mofa e un desprezo non ao noso compañeiro, senón aos miles de traballadores que estaban á espera de que os seus representantes os informáramos do resultado da reunión e da receptividade da Administración ás nosas demandas.

É especialmente grave, a indolencia e inhibición co asunto da Escola Infantil do Edificio Administrativo de Campolongo, pois apenas quedan vinte días para que se pechen os anteproxectos de Orzamentos de cada consellaría e neles non vai incluido a dotación de persoal para esta Escola Infantil.

Tourís non quere Escola Infantil. Non vemos vontade política de loitar pola apertura deste centro, nin de demandar á Consellaría de Traballo as medidas necesarias para a súa apertura. Isto constitúe un despilfarro de recursos, pois a Escola Infantil está feita e só fai falla dotala de persoal.