Se xa durante o resto do ano, hai unha sobrecarga de traballo debido á escasez de persoal, así como ao aumento do horario de traballo e ás quendas impostas que obliga ao persoal que traballa en quendas rotativas de luns a domingo, a traballar dous ou tres fins de semana seguidos. Esta sobrecarga aumenta de xeito considerable porque a Xefatura Territorial mantén o criterio de cubrir só o 50% das vacacións do persoal, o que provoca,  que a necesaria boa atención aos usuarios das Residencias de Maiores; CAPD A Coruña -ex Santiago Apóstol- e Centros de Menores, sexa imposíbel de cumplir. Polo que os usuarios non poden ser bañados todos os días; non poden sair aos patios todos os días; non poden efectuar actividades de mantemento físico ou suprimense actividades de tempo libre, o que conleva unha perda importante da calidade de vida das persoas usuarias destes Centros

O Comité de Empresa denuncia publicamente que os Directores dos Centros, para non ter que contratar a persoal que está no paro nas listas de substitución, están obligando a moitos traballadores fixos ou interinos a cambiar de turno para cubrir os ocos que se producen. Obligación absolutamente ilegal porque non se lle pode cambiar a ninguén o turno para cubrir ocos de vacacións non cubertas.

Os Directores dos Centros, tamén para non cubrir as vacacións do persoal, propoñenlle ao persoal dos centros se queren voluntariamente cubrir as ausencias producidas polo persoal de vacacións, o que provoca unha situación de "desnudar a un Santo pra vestir a outro" pois deixan descuberta a súa quenda para cubrir os servizos do persoal de vacacións. O que provoca unha situación de deterioro na atención debida aos usuarios, que non son meros "usuarios obxecto" para estar "aparcados" senón persoas usuarias dun Servizo Público que debe estar ben atendido e en optimas condicions os 365 días do ano.

O Comité de Empresa considera esta situación de merma dos servizos e non cobertura do persoal necesario, unha responsabilidade directa da conselleira Beatriz Mato, que neste verán se mostra moi entendida en viños e festas gastronomicas pero absolutamente ignorante da situación de deterioro das condicións laborais e de merma dos servizos prestados aos usuarios das Residencias da Terceira Idade, Centros de Menores e CAPD da Coruña e polo tanto incapaz de solucionar esta situación por deixadez e descoñecemento, QUE PROVOCA QUE DURANTE OS MESES DE VERÁN os usuarios destes Centros non poden estar ben atendidos como o resto do ano.