O órgano de representación do persoal funcionario na provincia da Coruña, vén de pór en coñecemento do conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria a situación no Instituto de Educación Secundaria de Pontepedriña (Santiago de Compostela) durante o mes de agosto.

Durante este período de tempo, unha funcionaria subalterna do centro, tivo que asumir a apertura e atención do centro sen que houbese  membros do equipo directivo no lugar de traballo, máis que ocasionalmente. Así mesmo, as persoas que acudiron nese mes de agosto para demandar algún tipo de documentación foron derivados a que a recollesen a partir do mes de setembro, deixando desatendida a principal función que ten un centro educativo durante este período non lectivo.

A Xunta de Persoal funcionario da Coruña considera que “estes feitos supoñen unha delegación improcedente de funcións do equipo directivo do centro, que constituíron ademais un factor de risco para a seguridade da traballadora”, xa que tivo que manter ela soa o centro aberto, sen ningún tipo de apoio e sen ningunha autoridade responsable presente, dada a ausencia da totalidade do equipo directivo. 

Por estes feitos, a Xunta de Persoal solicitou a apertura dun expediente informativo para que se depuren as responsabilidades correspondentes a esta acción, incomprensible e inaceptable. En especial é criticable a actitude dos responsables da Inspección de Educación, cuxo criterio de permitir a ausencia de membros dos directivos nos centros aínda que estean en funcionamento e abertos ao público está a producir situacións como a do IES de Pontepedriña.

Desde a CIG, queremos manifestar o noso apoio a esta denuncia da Xunta de Persoal da Coruña; así mesmo, manifestamos que imos denunciar todos e cada un dos casos similares que se poidan producir, nos que o persoal non docente dos centros educativos teña que, por unha banda, asumir funcións que non lle corresponde e, por outra, ficar en situacións de perigo pola ausencia de membros dos equipos directivos, por causa da notoria parcialidade da Inspección de