O Comité de Traballo considera que esta interpretación é lesiva para os traballadores/as que quedan excluidos de ter o día adicional por coincidencia de festivo en sábado e supón unha interpretación torticeira do recollido literalmente no apartado 5 da disposición décimo segunda, onde en nengún momento se recollen exclusións polo tipo de xornada que teña o persoal laboral, polo que debe aplicarse en toda a súa extensión o sinalado no apartado mencionado sen discriminacións creadas especificamente para restrinxir dereitos  dun grupo de persoal moi determinado (o que traballa a quendas) e que esta a ser constantemente penalizado nos seus dereitos e funcións.
 
O Comité vén de solicitar tanto á Función Pública, Traballo e á Comisión Seguimento do acordo que se tomen as medidas oportunas para garantir que todo o persoal laboral de Traballo e Benestar, teña un día adicional por coincidencia de Festivo con sábado (12/10/2013), en consonancia co estipulado e acordado en materia de vacacións, permisos e licenzas entre as organizacións sindicais CIG e CCOO e a Xunta de Galiza.